Netflix atópase agora mesmo nunha posición moi enrevesada que nos ensina perfectamente por que é importante saber como xestionar unha crise de reputación. E é que a plataforma de streaming, tras anunciar que deixará de permitir compartir contas, está a ser o foco de centos de comentarios en contra desta decisión e corre o perigo de perder moitos clientes.
Noticias
As interaccións en redes sociais aumentan un 23 % respecto a 2021
IAB Spai, desvelou o pasado mes de setembro algunhas cifras moi interesantes sobre o comportamento de marcas e empresas en redes sociais.
Sabes que din do teu negocio nas redes sociais?
Día tras día somerxémonos nun gran océano de información. Formamos parte deste enorme fluxo de contidos, xa sexa coma consumidores ou xeradores. Na era do IOT (Internet das cousas), todos os dispositivos cos que interactuamos xeran datos que son volcados en Internet, mais debemos recordar que estes non son necesariamente información.
Que é o branded content e que pode aportar á túa marca?
O branded content é unha estratexia de márketing que busca crear contidos que unan ao consumidor coa marca dunha forma creativa. A pesar de que o termo pode que non che sone, seguro que coñeces moitos anuncios que aplican os seus preceptos. Aquí che explicamos de forma máis concreta que é o branded content para que descubras se che pode ser útil.
Estratexias de márketing para o Black Friday
Os descontos en produtos son un claro beneficio para o comprador, pero tamén o son para a empresa. Etapas de rebaixas coma o Black Friday serven ó teu negocio para que novos clientes aposten por el. Por isto, un debe preparar ben todo o necesario para sacarlle o máximo proveito a este día. Neste artigo axudámosche con algunhas estratexias de márketing para o Black Friday deste 2021.
Ter unha boa estratexia de márketing ou morrer
Esta semana estivemos comentando na oficina casos próximos de empresas que non souberon ver a importancia literalmente vital de ter unha boa estratexia de márketing. Literalmente vital? Si, 100%, porque non tela leva a medrar e caer estrepitosamente ou, case peor, a non medrar nunca.
A importancia das recensións para o teu negocio
As recensións ou reviews de produtos ou servizos son tremendamente importantes hoxe en día, tanto para os e-commerce como para as webs corporativas. Igual que te fías máis de comprar algo que che recomenda persoalmente a túa nai ou a túa irmá, é moi probable que os teus clientes vaian correndo a ler as opinións de outros antes de adquirir un produto ou servizo.
Que é o SEO e por que é necesario?
Para os que nos preguntades que é o SEO, contámosvos para comezar que é o acrónimo en inglés de Search Engine Optimization (optimización para motores de busca). Cando falamos de SEO, entendemos por este mellorar o posicionamento ou optimización dunha web para os motores de busca. O fin é mellorar a visibilidade da web nos resultados orgánicos de diferentes buscadores.
É un bo momento para montar unha tenda on line?
Seguro que en múltiples ocasións te paraches a pensar se montar unha tenda on line ou deixalo para máis adiante, e pode ser que finalmente decidiras pospoñelo. Non serás o único que se tirara dos pelos esta tempada por non ter arrancado o seu e-commerce ou que, como mínimo, non se preguntara se telo feito non lle tería reportado uns beneficios interesantes nestes momentos de complexidade económica.
Como teñen que ser as fichas de produto para e-commerce?
As fichas de produto para e-commerce ben pensadas e executadas poden facilitar en gran medida a venda. Concretamente, é importante tratalas con especial atención tomando como referencia a relevancia que ten a información alí exposta para o cliente que vai realizar a compra on line.
Marca persoal: deseñamos a imaxe do Doutor Alberto Ferro
O Doutor Alberto Ferro acaba de abrir unha consulta en Brión (A Coruña) e contactounos para crear a súa imaxe de marca. Quería algo sinxelo, moderno, pero sen estridencias, con cores alegres e que evocase o seu sector.
Claves para que a relación cos teus clientes sexa longa e frutífera
Hoxe queremos falar dun dos pilares da estabilidade económica na túa empresa: a relación cos teus clientes. Ter a capacidade de conseguir un equilibrio entre profesionalidade e proximidade non é sinxelo, pero imos analizar as que, na nosa opinión, son as claves.
6 técnicas persuasivas para fidelizar ao cliente
Un bo negocio debería traer beneficios para ambas partes. A arte da persuasión convence a un potencial socio comercial ou comprador do valor real do trato que está ofrecendo. Ás veces, as persoas teñen dificultades para aceptar incluso tratos atractivos e beneficiosos. Cando tratas de impulsar as conversións ou vender o teu negocio en xeral, podes ter en conta as seguintes tácticas persuasivas de Neuromárketing. Axudaranche a fidelizar ao cliente.
Falamos de márketing inmobiliario con Jacobo Blanco, de Capitel Ksa
Jacobo Blanco é o director de Capitel Ksa, unha inmobiliaria de Milladoiro (a 5 km de Santiago de Compostela) especializada en aluguer, venda e home staging. Queremos saber como está o sector inmobiliario, que funciona e que non funciona en márketing inmobiliario e que é iso do home staging, do que tanto se oe falar no sector. Despois de 10 anos no sector e coñecendo as idas e vidas da economía neste eido, Jacobo coñece moi ben as características do mercado inmobiliario. Fixémoslle algunhas preguntas:
Son fiables as opinións en Facebook?
Recentemente tiven ocasión de ver un escarnio con forma de opinións en Facebook nunha páxina de negocio que nin sequera abriu as súas portas aínda. Como podes falar mal dun negocio que non che prestou servizo aínda?
O básico en publicidade para empresas
A pregunta do millón: Que é o básico en publicidade para empresas? Pois, sen ánimo de responder á galega, depende. E depende de moitos factores, imos velos e a ver ser así aclaramos un pouco a cuestión.
Que tes que facer para diferenciarte coa túa marca persoal?
O noso aspecto, a forma que temos de relacionarnos cos nosos familiares e amigos, as mensaxes que transmitimos, os nosos xestos e comportamentos… fan que de maneira indirecta as persoas teñan unha percepción sobre nós. Por iso é importante diferenciarte coa túa marca persoal.
A importancia do deseño gráfico nas empresas
O emprego ou non do deseño gráfico tanto en pequenas como en medianas empresas non é unha cuestión de elección, senón unha esixencia do mercado. Se...
Vantaxes do storytelling para a túa empresa
Jaime Cacharrón, director europeo de márketing de Redbull, sostén que “para entender o presente e predicir o futuro, é preciso coñecer o pasado”. Isto é así, xa que dende sempre os humanos relacionáronse dunha forma básica, baseada nunha comunicación sinxela: contar historias. A continuación, explicaremos as vantaxes do storytelling para a túa empresa.
10 principios para unha boa estratexia SEO
Está claro que unha estratexia SEO adecuada é imprescindible para calquera negocio on line. Unha boa estratexia permítenos avanzar e mellorar a nosa presenza dixital. É esencial coñecer aqueles puntos clave que van a permitir mellorar o noso posicionamento en buscadores, evolucionando e evitando o estancamento.
Os erros máis frecuentes en atención ao cliente
Hoxe quero falarvos dunha parte moi importante dentro do proceso de fidelización: os erros máis frecuentes en atención ao cliente. Resulta moi frustrante querer contactar cunha empresa polo motivo que sexa -no caso de ser unha queixa ou reclamación aínda máis- e que o proceso sexa lioso ou non recibas unha resposta axeitada. Ás veces quedas incluso sen resposta.
A importancia de estar en Internet
Internet transformou moitos aspectos no terreo dos negocios e da comunicación. Esta tecnoloxía levou a cabo o desenvolvemento dunha multitude de ferramentas e recursos. Estar en Internet axuda ás empresas a reducir drásticamente a ineficiencia, aforrar tempo e reducir custos.
Por que WhatsApp Business?
Whatsapp Business permite a comunicación cos contactos dun usuario tanto por texto como voz ou vídeo. A pesar de incorporar comunicación por todos os medios posibles, sigue tendo un éxito increíble sobre todo nas comunicacións por mensaxes de texto.
Por que debes ter unha estratexia de vídeo márketing?
Estou seguro de que todos, obviamente inclúome, consumimos vídeo, dende o móbil ou o noso ordenador. A plataforma tamén pode variar: en redes sociais coma Facebook, Instagram ou Twitter e en plataformas de vídeo como Youtube (na súa maioría). O que está claro é que nos encantan os vídeos e os consuminos cada vez máis, xa sexa para buscar un tutorial sobre como montar un moble ou por puro entretemento.