Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Ciberseguridade e ataques informáticos: protexe a túa empresa

by | Xul 31, 2021 | Blog tecnoloxía, Seguridade informática, Software, Tecnoloxía | 0 comments

A Asociación de Auditoría e Control de Sistemas de Información (ISACA) define a ciberseguridade como a “protección de activos de información, a través do tratamento de ameazas que poñen en risco a información que é procesada, almacenada e transportada polos sistemas de información que se atopan interconectados”.

Noutras palabras, ciberseguridade é a práctica baseada en defender os ordenadores, os dispositivos móbiles, os sistemas electrónicos, as redes e os datos dos ataques maliciosos.

No último ano, os ciberataques experimentaron un gran aumento debido, principalmente, a que os confinamentos forzaron o teletraballo. A acelerada necesidade de traballar dende casa e compartir información na nube cos traballadores, propiciou que non fora posible unha adecuada análise da seguridade na rede e, isto, levou á vulnerabilidade das empresas.

Tipos de ciberataques

Existen diferentes tipos de ataques informáticos:

Enxeñaría social ou phishing

Esta técnica consiste en enganar a unha persoa para que outorgue acceso a diversas redes de datos. Por exemplo, un individuo pódese facer pasar por un membro dunha empresa e pedir ós usuarios que lle proporcionen determinados datos como nomes de usuarios e os respectivos contrasinais.

Seguridade de datos

Este é, cada vez máis, un gran problema tanto para individuos coma empresas. O roubo de datos é a acción de roubar información gardada en distintos dispositivos coa clara intención de obter información confidencial. Cando isto sucede dentro dunha organización, gran parte da responsabilidade cae sobre a mesma, posto que é de vital importancia para unha empresa ter os datos ben gardados e manter os métodos de pago actualizados.

importancia de la ciberseguridad

Seguridade móbil

O gran uso dos teléfonos móbiles incrementou as ameazas nos mesmos. A través dalgunhas aplicacións ou das vulnerabilidades do propio smatphone, os cibercriminais poden aproveitar para conseguir datos privados. Un malware dentro do teu teléfono móbil, persoal ou de empresa, pode realizar capturas de pantalla ou recoñecer pulsacións de teclas.

Ransomware

Este procedemento está centrado en bloquear os arquivos e os datos dunha empresa ou usuario, buscando o pago dun rescate ou a xeración de danos á reputación dunha organización.

Roubo de identidade

Algunhas das técnicas vistas, coma a enxeñaría social ou o roubo de datos, ten coma obxectivo a suplantación de identidade. Os hackers non só poden roubar un nome ou unha imaxe, senón que tamén son capaces de conseguir datos financeiros, direccións postais ou vídeos das redes sociais. Unha vez conseguen estes datos, existe a posibilidade de que abran tarxetas de crédito ou contas de préstamos a nome doutra persoa.

Consellos de ciberseguridade

Formar ós empregados

É un dos aspectos máis esenciais dentro dunha empresa. De nada serve ter unha gran seguridade se un dos teus empregados abre un email e descarga un documento con un malware dentro. Por isto, formar ó teu equipo en seguridade dixital aforrarache máis dunha dor de cabeza.

Empregar diferentes métodos de autenticación

Isto incorporará maior seguridade ós teus datos. Hoxe en día os contrasinais non son tan seguros. É por iso que funcións como enviar unha clave ó teléfono móbil cada vez que inicias sesión, aumenta a seguridade.

Comunicacións seguras mediante email

A través do correo electrónico entran moitas ameazas coma ataques de phishing ou ransomware. Saber identificar os correos perigosos e non abrilos é unha boa forma de eludir estes altercados, pero, ademais, cifrar as mensaxes que envíes protexeraos de ser interceptados por terceiros.

É de vital importancia para unha empresa ter os datos ben gardados e manter os métodos de pago actualizados.

Seguridad informática

Actualizar o software

As actualizacións de software intentan colocar parches nas funcións vulnerables do sistema para protexer a información. Se non actualizas o software con regularidade estarás facilitando o roubo ós ciberdelincuentes.

Ferramentas de seguridade

Ter un antivirus ou unha devasa instalada poderache axudar a esquivar posibles intentos de hackeo. Identificará as páxinas maliciosas e evitará que empregues programas que poidan prexudicarte en canto a seguridade.

Configuración de redes seguras

Empregar unha rede Wifi sen unha seguridade correcta pode levar a que se conecten persoas non desexadas. Cifrar correctamente a rede inalámbrica cunhas claves complicadas ten unha importancia vital, igual que cambiar os valores de fabrica do router ou os dispositivos.

A pesar disto, sempre será mellor e moito máis seguro empregar unha conexión por cable illada da rede Wifi para os datos máis importantes da túa empresa. Deste xeito, alguén que queira roubar estes datos, terá que colarse dentro e conectarse tamén a través dun cable á rede.

Como vimos, os ciberataques están rexistrando un aumento significativo. Ter en conta estas accións de ciberseguridade e poñelas en práctica axudarache a prever posibles intrusións nas redes da túa empresa e protexer os teus datos de terceiras persoas.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles