Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Como funcionarán as newsletters de WhatsApp

by | Abr 19, 2023 | Blog márketing, Comunicación, Márketing | 0 comments

Co paso dos anos, as aplicacións de redes sociais atoparon un novo obxectivo: volverse unha app para todo. Pode que, por exemplo, te fixases en como Instagram tentou imitar o estilo de TikTok incluíndo os seus ‘reels’, vídeos en vertical de formato corto onde a música e os sons son elementos clave. O último son as newsletters de WhatsApp, xa que a rede de mensaxería quere converterse en algo máis ca un chat.

Imos comezar polo principio e explicar que é exactamente unha newsletter. Trátase dunha publicación dixital que unha empresa distribúe a través de correo electrónico aos seus clientes. É unha técnica de e-mail márketing coa que as marcas se poñen en contacto cunha audiencia máis específica, para enviar información relevante e artigos de interese para a súa comunidade.

Nun dos nosos artigos podes coñecer as claves para unha campaña de e-mail márketing efectiva.

https://www.vincusys.gal/blog/claves-para-unha-campana-de-e-mail-marketing-efectiva/

O contido pode mandarse de forma periódica, sexa cada semana, cada dúas semanas, cada mes… ou ser unha acción puntual, como unha oferta concreta, unha felicitación de festas, etc. Ademais, é un método de comunicación non invasivo, xa que os destinatarios aceptan previamente a recepción deses correos, tal e como establece a legalidade vixente en materia de protección de datos.

Desta forma, se tes unha empresa, as newsletters son unha forma efectiva de manter informados aos teus clientes e de fidelizalos, posto que, en moitos casos, inclúen promocións, descontos e material exclusivo para os subscritores a estes envíos. Igualmente, poden aforrarte moito tempo á hora de comunicarte cos teus seguidores, xa que podes mandar un correo a todos á vez en vez de enviar un a un.

Entre as vantaxes de utilizar newsletters, podemos atopar:

  • Xeran lealdade entre os teus compradores, porque manteñen a túa audiencia comprometida e ao tanto do que sucede coa túa marca.
  • Facilitan o aumento das túas vendas a través de diferentes códigos de desconto ou ofertas especiais para incentivar a comprar os teus produtos.
  • Axudan a conectar cos teus seguidores e a crear unha relación máis forte con eles.
  • Contribúen a ampliar o teu alcance e a aumentar a túa base de datos de clientes, elaborando mensaxes personalizadas en función de como interactúan con elas.

Hombre consulta WhatsApp.

WhatsApp quere evolucionar

Agora que xa sabes que son as newsletters e os seus beneficios, é o momento de falar de como WhatsApp pretende que se convertan nunha nova prestación dentro da app.

Tras comprobar o código fonte das versións beta, descubriuse o pasado mes de febreiro que Meta pretende ofrecelas na súa aplicación de mensaxería instantánea. A función aínda non está activada, pero xa coñecemos algúns detalles de como será.

Primeiro, sabemos que estarán agrupadas no apartado de estados. Alí, terás a opción de xerar unha newsletter nunha interface semellante á de creación dun grupo ou comunidade. O seu nome debe ser inferior a 100 caracteres e contará cunha fotografía e unha descrición de non máis de 500. Dita descrición deberá incluír información útil, para que a xente saiba sobre que trata e se o seu contido lle interesa. Así, os que se subscriban, poderán recibir textos, vídeos ou fotografías.

Ter esta opción en WhatsApp é algo que pode beneficiar enormemente ao teu negocio, xa que a aplicación domina o mercado en España e é a máis empregada, por un 92 % de persoas. Por iso, é mais sinxelo que as túas mensaxes cheguen a máis audiencia que por correo, posto que a xente adoita estar máis pendente do que lle chega á app de mensaxería.

Por agora, non sabemos nada máis sobre como funcionará exactamente esta nova opción. Terás que agardar para ver como evoluciona, pero a proposta semella moi atractiva.

Mentres tanto, podes comezar a empregar as newsletters clásicas grazas ao noso servizo de e-mail márketing, para comezar a comunicarte co teu público e fidelizar aos teus clientes. Contacta connosco e ofrecerémosche unha proposta a medida das túas necesidades.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles