Noticias

Comunicación
As nosas impresións sobre WhatsApp para negocios

As nosas impresións sobre WhatsApp para negocios

Hai uns días chegaba a Google play unha das apps máis esperadas polas empresas e os autónomos. Falamos de WhatsApp para negocios ou WhatsApp Business. Nun principio, só está dispoñible para a versión de Android, pero non tardará moito en chegar á App Store. Esta nova aplicación non nos abre un novo mundo porque a maioría dos negocios xa usábamos a versión clásica deste servizo de mensaxería para comunicarnos cos nosos clientes, pero si que nos ofrece certas novidades que temos que mencionar. Estes días estivemos testándoa e queremos compartir as nosas impresións sobre WhatsApp para negocios con vós.

Consultoría de comunicación: necesítoa?

Consultoría de comunicación: necesítoa?

Consultoría de comunicación? A resposta é SI. Con maiúsculas. Para non perder tempo nin dar paos de cego, o mellor é ter claro que queremos facer e os motivos polos que optamos por esta vía. Un plan estratéxico de comunicación global para a túa empresa ten que estar ben pensado, calibrado e debe ser equilibrado. Por iso non é bo ir sen rumbo, perder enerxía, tempo e diñeiro en accións sen un sentido e unha dirección concretos.

Que ten que facer a miña axencia de márketing pola miña empresa?

Que ten que facer a miña axencia de márketing pola miña empresa?

Non é tarefa sinxela escoller a axencia de márketing á que encomendar algo tan importante como a comunicación, a imaxe corporativa e a reputación on e off line dunha empresa. Para comezar á maioría de empresarios se lles escapan as dificultades da comunicación, a publicidade dixital e o novo márketing, especialmente cando se trata de deseñar unha campaña on line.

Por que deixar a comunicación corporativa en mans profesionais?

Por que deixar a comunicación corporativa en mans profesionais?

Vivimos na era do “todo comunica”. Dende a cor do papel que usas para dirixirte por carta aos teus clientes ata os chíos que firma a túa empresa: todo forma parte da túa comunicación corporativa. A continuación, explicámosche algunhas das vantaxes de deixar en mans de profesionais a comunicación da túa empresa.