Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Consultoría de comunicación? A resposta é SI. Con maiúsculas. Para non perder tempo nin dar paus de cego, o mellor é ter claro que queremos facer e os motivos polos que optamos por esta vía. Un plan estratéxico de comunicación global para a túa empresa ten que estar ben pensado, calibrado e debe ser equilibrado. Por iso non é bo ir sen rumbo, perder enerxía, tempo e diñeiro en accións sen un sentido e unha dirección concreta.

Consultoría de comunicación: crea un plan de comunicación a medida

Como dicíamos, a mellor opción é sempre algo a medida. O que lle funciona a outro pode non funcionarte a ti se o fas igual, pero pode proporcionarche grandes beneficios se o adaptas á filosofía e modo de funcionamento da túa empresa. Por que necesito consultoría de comunicación? Por que debo acudir a un profesional da comunicación para que me oriente?

Para non dar paus de cego

Na era do márketing dixital, podes coñecer e medir en tempo real os resultados de cada unha das accións que acometas. Pero isto non significa que sexa bo ir dando paus de cego. Son erros frecuentes apostar por todas as redes sociais sen ton nin son, que a túa imaxe corporativa non sexa coherente entre o papel e o dixital ou que presumas de atención personalizada e descoides os comentarios, queixas e demandas que os teus clientes ou potenciais clientes manifesten a través de Internet. Unha boa consultoría de comunicación pode resolverche estes problemas.

Para ter un plan estratéxico global

Os beneficios dunha estratexia coherente, preparada e calculada que implique a todas as fases do teu negocio e a todo o teu equipo son múltiples. Crear sinerxías entre departamentos, entre produtos ou entre comunicados con clientes pode ser moi efectivo. Quen non rematou adquirindo algunha das suxestións que Amazon ou calquera tenda on line de roupa che ofrece para combinar ou mellorar a túa compra?

Se o teu coche non o amaña un frutero, encarga o márketing da túa empresa a profesionais.

Para chegar ao teu público obxectivo

Pode que saibas ou penses ter claro quen é susceptible de comprar o teu produto ou contratar o teu servizo. Sen dúbida, a través dunha consultoría de comunicación, un equipo de profesionais que estude o teu caso e coñeza todo do márketing conseguirás as claves. Saber a quen te dirixes e onde atopalo levarache a ser máis eficiente. Para que falar de ti a quen non ten interese nos teus produtos e servizos e non o vai ter?

Para aforrar en esforzo e en custos

En liña co que acabamos de comentar, é inútil chegar a quen nunca se vai interesar polo teu produto. Non intentes vender o diario Marca a quen non é seareiro do fútbol. A segmentación en publicidade e o enfoque do teu márketing de contidos cara o teu público obxectivo serán os teus grandes aliados.

Para mostrar unha filosofía empresarial coherente

Quen se fía dun amigo que cada día di unha cousa? Coas marcas é exactamente igual. Tes que ter unha mensaxe clara, enfocada e dirixida.

Igual que cando precisas un bo consello profesional sobre o teu coche preguntas a un mecánico, asesórate sobre as mellores estratexias de márketing e comunicación para a túa empresa cun equipo de profesionais. 

Se queres seguir lendo sobre o tema, recomendámosche este artigo:

https://www.vincusys.gal/blog/funciona-a-consultoria-especializada-para-eventos-sectoriais/

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles