Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Que ten que facer a miña axencia de márketing pola miña empresa?

by | Xan 19, 2017 | Axencia de comunicación, Axencia de márketing, Blog márketing, Comunicación, Márketing, Social media | 0 comments

Non é tarefa sinxela escoller a axencia de márketing á que encomendar algo tan importante como a comunicación, a imaxe corporativa e a reputación on e off line dunha empresa. Á maioría de empresarios se lles escapan as dificultades da comunicación, a publicidade dixital e o novo márketing, especialmente cando se trata de deseñar unha campaña on line.

Polo xeral, unha axencia de márketing ten persoas que saben vender, polo que será difícil recoñecer cando che están vendendo os seus servizos e cando están intentando axudarche de verdade. Deixa que o sentido común e catro consellos básicos che axuden nesta tarefa.

Pide saber que farán e como o farán

Non fai falta que te convertan nun experto en márketing 2.0, pero si é interesante que che expliquen as liñas que van seguir e por que consideran que son as máis interesantes para a túa empresa ou para os obxectivos que desexas conseguir, se estamos falando dunha campaña puntual.

Contrasta a información

Con iso que xa che explicaron, acude á competencia e pide un novo presuposto. Cando fales con tres ou catro empresas, poderás ir vendo xa de forma máis clara quen te asesora correctamente e quen simplemente quere presentarche un plan «estándar», máis do mesmo, un corta e pega do que fai co resto de clientes.

É imprescindible que a túa axencia de márketing coñeza a fondo a túa empresa e o sector.

tener una pagina web

Investiga

Quen é esta axencia? Que está facendo? Que clientes ten? Como traballa? Non deixes algo tan crucial como a comunicación da túa empresa en mans de alguén que simplemente che caeu ben ou foi empático. Os comerciais están preparados para selo.

Busca implicación

A túa empresa é a túa vida. O que xestione a comunicación, ademais de parecer implicado, debe estalo. É imprescindible que a túa axencia de márketing coñeza a fondo a túa empresa e o sector. Os xornalistas non saímos da carreira sabendo todo sobre todos os temas, temos que empaparnos de cada sector, coñecer as tendencias, a competencia e o estado actual da túa empresa, ademais das cuestións que caracterizan o teu día a día laboral. Se es unha mediana ou gran empresa é fundamental que a axencia teña contacto directo cos traballadores, eles son os que coñecen detalles de gran utilidade á hora de xestionar as queixas, demandas e suxestións dos clientes finais a través de redes e medios sociais.

Quen se encarga da túa conta de empresa

Tende a ser común que a reunión, o breefing, o estudo da túa empresa… todo o faga un profesional cualificado dentro da axencia de márketing, unha persoa con un perfil bastante comercial. Pero interesa saber quen se vai encargar realmente de xestionar a comunicación e a campaña de márketing da túa empresa. Nos tempos que corren é sinxelo que sexa alguén pouco cualificado e pouco implicado, cunhas condicións laborais bastante precarias. O óptimo é ter contacto directo coa persoa que xestionará a túa conta. Será quen mellor saiba como responde a túa comunidade en redes sociais e como podes mellorar o que tes e/ou poñer en funcionamento estratexias novas.

Ser novo e empregar redes sociais non fai que esteas cualificado para xestionar o márketing dunha empresa.

Solicita informes

É importante coñecer a evolución das campañas que estás realizando. O bo que ten o márketing on line é que a axencia de márketing que xestiona a túa marca pode coñecer en cada momento como está respondendo o teu público potencial ante os estímulos que lle estades presentando. En caso de non funcionar estás a tempo de cambiar de camiño e poñer en funcionamento novas ideas. Proba-erro. En márketing dixital non se pode garantir nada.

Prazos

Sen escusas, os prazos do calendario de accións estratéxicas deben cumprirse. Hoxe é hoxe, non a semana que ven e o próximo mes de febreiro, non xuño. Non ten sentido planificar no tempo se despois non o imos cumprir. Pero se a túa axencia te decepciona, non caias na tentación de delegar no teu Sobrinity Manager.

A túa web é a túa ventá ao mundo

https://www.vincusys.gal/blog/por-que-e-chave-o-deseno-web/

1.- Debe ser responsive (que se adapte e visualice ben en todos os dispositivos, xa sexan móbiles, táblets ou portátiles) para que a experiencia de navegación do teu posible cliente sexa agradable e non decida irse espantado nada máis vela.

2.- Debe estar actualizada: non só sobre os teus produtos ou servizos, senón tamén con información interesante do sector, non só corporativa -aburrirías aos teus clientes-.

3.- Debe ter unha fotografía coidada: nada de fotos de tamaños máis pequenos do preciso nin en calidade para imprimir, en web necesitas unha resolución de 72, se a pos a 300 farías que a páxina tarde máis en cargar e consuma máis datos do 4G do móbil dende o que se visite.

https://www.vincusys.gal/blog/como-coidar-a-tua-paxina-web/

4.- As webs teñen mantemento: de pouco serve ter un WordPress se non actualizas os plugins e as versións de WordPress. Funciona igual que o móbil: cada pouco tempo Android ou iPhone avísanche de que hai unha nova versión de software do teléfono dispoñible e debes instalala. Tamén se actualizan as apps descargadas. O mesmo pasa con WordPress: periodicamente hai que actualizar o «software» e os plugins (o equivalente ás apps). Se a túa axencia só se preocupa de cobrarche a páxina que che fai e non de mantela ao día e segundo as esixencias de Google, acabará penalizada por Google e baixará postos no buscador. A ninguén lle gusta ver que a súa empresa apareza na quinta páxina de Google.

5.- SEO e SEM, os mellores amigos: se queres ou necesitas que a túa web ocupe os primeiros postos en Google, primeiro terá que estar ben feita (non vale unha web de 1592 que non cambia de tamaño automaticamente cando a ves dende un móbil), cumprir unha serie de parámetros técnicos internos ademais dos requisitos sobre os contidos: textos de máis de 400 palabras, palabras clave, destacados… todo isto darache unha boa puntuación no «exame» de Google. Ademais disto poderás poñer de forma regular ou puntual (para destacar algunha campaña, por exemplo) anuncios de AdWords. É moi importante que o SEO e o SEM o desempeñen expertos, non xente «con coñecementos». En isto Google é moi estrito e se está mal desenvolto a túa web pode ser penalizada.

https://www.vincusys.gal/blog/como-optimizar-o-seo-para-e-commerce/

Di non ao «Sobrinity Manager»

O Sobrinity Manager é xa unha figura problemática do mundo do márketing profesional. Non só non está cualificado para desenvolver as tarefas necesarias dentro dunha axencia de márketing, senón que despois será a propia axencia a que se verá obrigada a amañar os seus problemas.

Que unha persoa sexa nova e empregue as redes sociais non a cualifica para xestionar o márketing e comunicación da túa empresa. Pouco ten que ver xestionar un perfil persoal de Facebook ou unha conta propia de Twitter con deseñar unha estratexia en Social Media para conseguir dar a coñecer unha marca, fidelizar clientes ou conseguir chegar ao público potencial. Sentíndoo moito, non é o punto forte do Sobrinity Manager.

5 erros habituais dunha axencia de márketing

1.- Deixar que empreguen coa túa empresa a mesma estratexia que usan con tódalas demais. Cada unha é distinta e cada sector, diferente.

2.- Pensar que actualizar as redes sociais un par de veces ao día é suficiente para vender máis. Hai que conectar coa audiencia e dar resposta ás súas inquedanzas.

3.- Descoidar as opinións dos clientes. Cando un cliente escribe algo en Internet sobre a túa empresa hai que contestar sempre.

4.- Inverter en canles tradicionais (prensa, radio, televisión) cando o presuposto é moi axustado. O mundo on line é infinitamente máis barato e a xente está nel.

5.- Non ter actualizada a web. Ter unha páxina e non nutrila constantemente de contidos novos en formato noticia, actividades, eventos… é deixala morrer. Se o está para Google, tamén para a túa empresa.

Se necesitas asesoría dunha axencia de márketing e comunicación, non dubides en contactar connosco.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles