É bastante habitual querer escribir un bo artigo e atoparte dicíndote a ti mesmo esta frase, especialmente se non estás afeito ao boli e ao papel, por traballo ou afección. E, de súpeto, un motivo imperioso obrígache a escribir un artigo, unha nova, un contido. As ideas non flúen, tés un caos mental e comezas e borras as veces suficientes como para sentirte frustrado. Imos ordenar ese caos.
Noticias
Queres que os titulares do teu blog enganchen aos teus lectores?
Hoxe en día case todas as empresas con presenza on line teñen un blog. Un dos elementos máis importantes dos artigos do teu blog son os titulares. Deles dependerá que os lectores se enganchen ou non ao contido das túas publicacións.
Tres claves para escribir artigos atractivos
Internet é, sen dúbida, un dos maiores avances tecnolóxicos en toda a historia da humanidade. Se estás lendo estas liñas significa que a rede forma parte do teu día a día. Como a través de Internet somos capaces de comunicar calquera tipo de información, é preciso coñecer as claves, que ten de diferente a escritura para a rede de redes. Para isto, propóñoche comparar a forma de escribir artigos atractivos para blog con, por exemplo, o modo de facelo na prensa tradicional. Non quero con este artigo entrar no debate de que medio é mellor, senón achegarte tres claves para que os teus artigos sexan cada vez máis atractivos e cheguen a máis lectores.