A psicoloxía da cor fai referencia ó estudo das cores e as diferentes sensacións que estas nos fan sentir. Se pensamos en cores cálidas, coma en vermello ou en laranxa, podemos evocar sensacións tan dispares coma calidez ou enfado. Mentres que, se falamos de cores frías, coma o azul ou verde, poderemos sentir tristeza ou calma.