Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Como empregar a psicoloxía da cor en márketing

by | Ago 19, 2021 | Blog deseño gráfico, Deseño gráfico, Márketing, Publicidade, Sen categoría | 0 comments

A psicoloxía da cor fai referencia ó estudo das cores e as diferentes sensacións que estas provocan en nós. Se pensamos en cores cálidas, como en vermello ou en laranxa, podemos evocar sensacións tan dispares como a calidez ou enfado. Mentres que, se falamos de cores frías, como azul ou verde, poderemos sentir tristeza ou calma.

Cor e márketing

A psicoloxía da cor en márketing ten un uso moi estendido. Os tons que empregan as marcas nos envases dos seus produtos ou na súa imaxe corporativa, nunca son ó azar. A cor forma parte do carácter dunha marca e convértese, xunto outros símbolos, nun dos elementos diferenciadores para que os consumidores sexan capaces de asociar cor e marca. McDonalds ten relación coa cor amarela, mentres que KitKat co vermello.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by KITKAT (@kitkat)

Que emocións queres transmitir?

Para saber que cor corporativa empregar á hora de crear a túa marca, debes pensar en que queres facer sentir ós teus clientes potenciais. O simbolismo na psicoloxía da cor pode cambiar segundo a cultura na que nos atopemos, pero é certo que existen algúns conceptos moi estendidos universalmente:

Paixón e intensidade

A cor vermella está moi relacionada coa forza e ten un uso moi estendido nas marcas de comida e bebida, dado que estimula o apetito. Só fai falta pensar en Coca Cola e o seu característico vermello corporativo. Ademais, é unha cor que transmite agresividade e chama a atención en gran medida, sendo a tonalidade por excelencia das rebaixas.

Entusiasmo

Se queres transmitir sensacións coma enerxía e acción, podes apostar pola cor laranxa. É perfecta para o público novo, xa que xera confianza e chama á aventura. Moitas marcas asociadas co deporte e produtos saudables, como as vitaminas, fan uso desta cor, así como os sectores do entretemento e a diversión.

Tranquilidade e frescura

A cor verde está moi vinculada á esperanza e ós produtos ecolóxicos. É moi agradable ó ollo do comprador e transmite unha sensación de paz e benestar. John Deere fai uso do verde na súa imaxe corporativa para facer referencia ó sector no que se encontra e á súa responsabilidade co medio.

Por outro lado, a cor branca tamén está totalmente unida á pureza, a limpeza e a serenidade. Os produtos light empregan en gran medida esta cor, sendo moi empregado tamén, nos ámbitos da natureza, a saúde e a limpeza.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by John Deere (@johndeere)

Confianza

Na psicoloxía da cor, directamente relacionada coa seguridade e a eficacia, atopamos a cor azul. Diversas marcas de coches, aseguradoras e entidades bancarias empregan esta cor para xerar unha sensación de calma. De igual forma, está moi vinculada á saúde, polo que é moi empregada en produtos sanitarios e de limpeza.

Ledicia

A cor amarela chama poderosamente a atención. Emite unha gran sensación de luminosidade e ledicia. O logo de Amazon inclúe unha frecha simulando un sorriso en cor amarelo para evocar a alegría de comprar na súa páxina web. Porén, é recomendable non empregala en exceso xa que pode evocar rexeitamento en algunhas persoas. É unha cor perfecta para os produtos destinados ós nenos.

Dozura

Para transmitir sensacións de delicadeza e elegancia é posible empregar a cor rosa. Está moi conectada con produtos e marcas relacionadas co público feminino e, aínda que se tende a pensar que se relaciona con menores, non sempre é así. A marca Victoria Secret fai uso de diferentes tons de rosa na súa imaxe de marca e é un exemplo de elegancia e sofisticación.

Exclusividade e prestixio

O negro e o gris son dúas cores enormemente relacionadas co poder, a forza e a elegancia. Son moitas as empresas que aplican estas tonalidades para transmitir elegancia e luxo. Algúns dos sectores onde as cores negra e gris teñen máis uso son o automobilístico (Mercedes Benz), as xoias (Swarovski) ou cosmética de alta gama (Chanel).

 

View this post on Instagram

 

A post shared by CHANEL (@chanelofficial)

Como podes observar, a psicoloxía da cor inflúe nos compradores. Cada cor expresa unha emoción diferente que vai dende a pureza ata a paixón, pasando pola ledicia, a tranquilidade e o entusiasmo. Para acertar coas cores corporativas da túa empresa, primeiro tes que ter moi claras as sensacións que queres transmitir ós teus consumidores dependendo do sector no que te atopes. Quizais tamén che interese ler este artigo sobre o deseño gráfico nas empresas:

https://www.vincusys.gal/blog/a-importancia-do-deseno-grafico-nas-empresas/

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles