A compañía Metadata confiou na experiencia da nosa axencia de comunicación e publicidade para crear e deseñar o seu manual de identidade e a súa nova páxina web. Para iso, escoitamos ao noso cliente.
Noticias
Manual de marca
Que é un manual de marca e por que é importante?
Hoxe en día, calquera negocio precisa ter unha imaxe propia. O deseño gráfico ten un papel fundamental na súa creación e promoción, pero, como podes...
A importancia da identidade de marca
Cada marca é diferente. Isto é un feito. Unha marca non é soamente un logotipo, unha marca é todo o que hai detrás: os traballadores, os produtos, os servizos e os valores que ten. Agora ben, a identidade de marca é todo aquilo polo que os teus consumidores che van recoñecer. Isto inclúe aspectos como o ton que empregas cando comunicas os conceptos que queres expresar, as mensaxes que transmites, os valores da túa marca e as emocións que provocas nos teus clientes cando interactúan coa túa marca.