Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

A importancia da identidade de marca

by | Mar 26, 2021 | Blog deseño gráfico, Deseño gráfico, Márketing, Publicidade | 0 comments

REVISADO O 31/03/23 – Cada marca é diferente. Isto é un feito. Unha marca non é soamente un logotipo, é todo o que hai detrás: os traballadores, os produtos, os servizos e os valores que ten. Agora ben, a identidade de marca é todo aquilo polo que che recoñecen os consumidores. Isto inclúe aspectos como o ton que empregas cando comunicas os conceptos que queres expresar, as mensaxes que transmites, os valores da túa marca e as emocións que provocas nos teus clientes cando interactúan contigo.

Por que é importante ter unha identidade de marca?

Contar cunha identidade corporativa ben desenvolta axudarache a xerar confianza nos teus consumidores e mellorará a credibilidade cara o teu negocio. Demostrándolle aos compradores que os entendes e que compartides algo, será como comezar unha relación cun amigo e estarás gañando a súa lealdade.

Unha identidade corporativa ben definida facilitará, ademais, a concreción da misión da túa empresa tanto cos clientes como cos traballadores.

Xunto con isto, o obxectivo é gañar posición na mente do consumidor, é dicir, que nada máis ver o teu logo ou pensar nunha cualidade, se lle veña á mente a túa empresa. Esta posición basease na percepción que o consumidor ten da túa marca respecto á competencia. Se pensas en Apple, probablemente virache á cabeza “calidade”, mentres que, se pensas en Coca Cola, a palabra sería “felicidade”.

Como construír unha identidade de marca?

A identidade da túa marca ten que representar á túa empresa e os seus valores por completo e tes que ser constante á hora de poñela en práctica. Na nosa axencia de marketing de Santiago de Compostela temos claras as claves para comezar a construíla.

Logotipo

O logotipo é un dos aspectos máis importantes dunha empresa, aínda que non é o único. Moitas empresas cometen o erro de escoller logotipos que representen a actividade da empresa. Porén, para crear un logotipo, este ten que representar a personalidade ou esencia da empresa. Un exemplo moi claro é a serea de Starbucks, a cal non ten nada que ver co café, pero que representa a historia e a esencia da compañía.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Starbucks Coffee ☕ (@starbucks)

Un logotipo debe poder ser ‘escalable’, é dicir, que sexa posible reproducilo en diferentes escalas e poida lerse á perfección. Se creas un logo marabilloso que non é lexible nunha tarxeta de visita, a túa audiencia non poderá identificarte ou, peor aínda, pensará que é de mala calidade.

Non podemos esquecernos da orixinalidade. Se queres destacar a túa marca, o teu logotipo debe ser orixinal. En pleno 2023 é realmente complexo ser orixinal e crear algo innovador. Porén, non che fai falta ser creativo para todo o mundo, senón destacar dentro do teu sector. Por iso, crear un logotipo orixinal dentro do teu ámbito fará que te diferencies do resto.

Tipografías

Sempre vas necesitar textos, tanto para os carteis, tarxetas de visita, descrición de produtos e un longo etcétera. Polo xeral, empréganse dúas tipografías diferentes: unha para os títulos e outra para os corpos dos textos. Unha boa tipografía debe ser capaz de transmitir o carácter e o estilo de marca e, ao mesmo tempo, ser lexible. Non é tarefa sinxela, pero conseguir unha tipografía que te diferencie é esencial. Se queres saber como escoller unha boa tipografía, podes ler o noso artigo:

https://www.vincusys.gal/blog/como-elixir-unha-tipografia-para-a-tua-marca/

Cores

A paleta de cores ten unha importancia vital dentro dunha marca. Cada cor ten unha serie de sentimentos e sensacións, diferentes asociacións, polo que é importante considerar que cores serán as adecuadas en canto a transmitir as emocións apropiadas.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Milka (@milka_es)

Hai que ter en consideración a selección dun único código de cores para que tanto impreso (sexa onde sexa) como en dixital, a cor sexa sempre a mesma. Para isto, hai que ter en conta catro aspectos diferentes:

  1. Pantone: é o sistema de cor internacional que asegura que a cor sempre será a mesma sen importar onde se imprima.
  2. CMYK: está formado por 4 cifras e forman unha combinación de ciano, maxenta, amarelo e negro. Terás que traducir as cores de Pantone a CMYK, cando as túas impresións precisen máis dunha tinta. As cores en Pantone e CMYK non son exactamente iguais.
  3. RGB: este sistema é o máis empregado no mundo dixital. As cores fórmanse combinando vermello, verde e azul. As cores deste sistema resaltan en gran medida en pantalla, pero non o fan á hora de imprimir.
  4. Hex: é unha forma diferente de especificar as cores en deseño web. Trátase dun código formado por 6 números e letras e combina as cores primarias. Basicamente, é unha abreviatura dos valores RGB.

Tratamento de imaxes

O tratamento que fagas das imaxes é fundamental para continuar coa liña de deseño da túa marca. Isto inclúe o encadre e a edición das fotografías. Se empregas tons de cor pastel ou claros na túa marca escolles imaxes cun gran contraste ou moi escuras, non estarás seguindo unha liña de estilo.

Isto é especialmente importante hoxe en día, momento no que as marcas deben ter presenza nas redes sociais e crear contido propio. Coidar o feed cunhas imaxes que teñan unha edición similar, creará unha sensación visual agradable para o usuario que visite as túas redes.

Merchandising

Moitos poden pensar que o merchandising é unha perda de cartos e de tempo. Entón, por que facer merchandising? Porque pode reportarche moitos beneficios en canto a reter ou gañar clientes. O teu logotipo e o teu nome de empresa estarán impresos en diversos elementos que axudarán ao cliente ou posible cliente a recordarche e a pensar en ti cada vez que vexa o seu bolígrafo ou botella personalizada. Os obxectivos a personalizar poden ser todos os que te poidas imaxinar. Non o cres? Bótalle un ollo a este set de velas aromáticas de McDonald’s con olor a Big Mac, a carne fresca, a mostaza ou cogombro.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by McDonald’s (@mcdonalds)

Porén, hoxe en día pódese falar tamén do merchandising no punto de venda. Trátase de mellorar a decoración do establecemento, igual que a presentación dos puntos de venda para que o consumidor non se poida resistir a comprar. Este tipo de merchandising non se limita só ao campo visual, vai aínda máis aló tendo en conta os estímulos olfactivos, táctiles e musicais, cuxa provocación influirá na percepción do cliente e na súa decisión final de compra.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by IKEA USA (@ikeausa)

Manual de identidade corporativa

Todos estes elementos que vimos hai que coidalos para manter unha liña de deseño que xire en torno á imaxe da marca. Unha vez comezas a traballar neles, vaste decatando de que é imposible lembrar os códigos de cor escollidos, as tipografías, ter todos os documentos dos logos a man, etc. Por este motivo existe o manual de identidade corporativa.

Neste documento recóllese toda a información sobre a identidade dunha empresa e toda a información sobre os datos que describimos, así como establecen unha serie de modos nos que estes recursos poden ser empregados. Un manual deste tipo pode ter toda a información resumida nunha sola folla ou chegar, facilmente, ata as 100 páxinas. Todo depende da complexidade dos conceptos e do estilo.

Probablemente traballarás con diferentes persoas ao longo do tempo. Ter este manual de identidade corporativa a man servirache para simplificar os procesos e asegurarache que a estética da empresa se aplique de forma sinxela e sen marxe de erro.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles