Noticias

Entrevistas
Falamos de márketing inmobiliario con Jacobo Blanco, de Capitel Ksa

Falamos de márketing inmobiliario con Jacobo Blanco, de Capitel Ksa

Jacobo Blanco é o director de Capitel Ksa, unha inmobiliaria de Milladoiro (a 5 km de Santiago de Compostela) especializada en aluguer, venda e home staging. Queremos saber como está o sector inmobiliario, que funciona e que non funciona en márketing inmobiliario e que é iso do home staging, do que tanto se oe falar no sector. Despois de 10 anos no sector e coñecendo as idas e vidas da economía neste eido, Jacobo coñece moi ben as características do mercado inmobiliario. Fixémoslle algunhas preguntas:

Funciona a consultoría especializada para eventos sectoriais?

Funciona a consultoría especializada para eventos sectoriais?

Con motivo da organización da xornada «Innovación UCGAL: Que e canto hai de novo?» (#InnovaciónUCGAL) apostamos pola consultoría especializada para eventos. Para iso contamos coa colaboración de Beatriz Noya, unha consultora externa especializada en I+D+i, á hora de seleccionar empresas e ponentes de grandes e pequenas empresas e organizacións que encaixaran cun evento sobre innovación en alimentación. Quixemos facer unha serie de reflexións, a modo de entrevista, que poidan axudaros á hora de apostar por este tipo de servizos para un evento de empresa.

Consultoría de comunicación: necesitoa?

Consultoría de comunicación: necesitoa?

Consultoría de comunicación? A resposta é SI. Con maiúsculas. Para non perder tempo nin dar paos de cego, o mellor é ter claro que queremos facer e os motivos polos que optamos por esta vía. Un plan estratéxico de comunicación global para a túa empresa ten que estar ben pensado, calibrado e debe ser equilibrado. Por iso non é bo ir sen rumbo, perder enerxía, tempo e diñeiro en accións sen un sentido e unha dirección concretos.