Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Malas prácticas en redes sociais que debes evitar

by | Feb 6, 2023 | Blog márketing, Comunicación, Márketing | 0 comments

A día de hoxe, todo o mundo emprega algunha rede social. Por iso, se tes unha empresa é practicamente obrigatorio estar presente nelas creando contido. Iso si, moito coidado coas malas prácticas en redes sociais que hai que evitar a toda costa.

Comunicar por este tipo de plataformas pode parecer sinxelo, pero dá un paso en falso e a reputación do teu negocio cambiará de forma drástica. Por iso, contámosche unha serie de consellos para que non cometas ningún erro nas redes do teu negocio.

Esquécete do spam

O spam, para entendernos, é unha forma de comunicación non solicitada que se fai de forma masiva. No caso das redes, tradúcese en falar por todas partes sobre o teu produto ou servizo, anunciándoo de forma que poda resultar molesto para ao resto de usuarios.

Debes evitar esta práctica a toda costa, porque non fai ningún favor a túa empresa e o único que conseguirá é xerar emocións negativas do público cara a túa marca.

Nada de faltas de ortografía

Non escribirías un correo electrónico ou unha carta para un cliente con faltas de ortografía, e as redes non son menos. Ter erros de escritura é inadmisible no contexto virtual e dará aos teus seguidores unha sensación de pouca profesionalidade.

Ademais, a xente fíxase moito neste tipo de detalles e se ven que tes moitas faltas, podes converter nun motivo de risas e nunha fonte de burlas ou, incluso, memes.

Deixa de obsesionarte co número de seguidores

Ter un gran número de seguidores soe ser bo para o teu negocio. Porén, esta cifra non é o máis importante e non debes obsesionarte con ela. É moito máis relevante o teu nivel de engagement, é dicir, canto interaccionan os teus followers co teu contido: o número de me gusta que dan, cantos comentarios escriben, se comparten publicacións… En definitiva, crear unha comunidade.

No te obsesiones con los números.

Planifica o teu contido

É vital planear os teus post en redes sociais. Nunha conta persoa, é normal subir fotos que te gustan ou parecen graciosas. Pero no caso do perfil da túa empresa é outra historia.

Hai que ter en conta a que target vai dirixido o teu contido e planificar que publicar en función diso. Para organizarte mellor, podes empregar xestores que suban automaticamente as túas publicacións ás mellores horas para chegar a máis público.

Non te acerques ao ‘followback’

O ‘followback’ ou ‘sígote e me sigues’ era unha técnica moi popular fai algúns anos para conseguir gañar followers de forma sinxela. Pero a día de hoxe, é un grave error empregala.

Con isto vas conseguir o que se coñece como seguidores de cortesía, é dicir, persoas que non van dar ningún tipo de engagement e só aceptaron este acordo por amabilidade. Non se axusta ao teu target nin van interesarse no que fagas, así que debes evitalos a toda costa.

Responde ás mensaxes

Un erro moi grande que podes ter é o de empregar as túas redes exclusivamente para subir contido. Os teus perfís son un medio de comunicación cos clientes, polo que hai que contestar as súas mensaxes, dar a sensación de que estás aí e crear unha conexión con eles.

Se te esqueces de responder aos comentarios, vai semellar que só te interesa facer publicidade. Tes que xerar confianza e proximidade, diferenciarte do resto de empresas.

Tamén é importante que manteñas a calma cos comentarios negativos e non te deixes levar. Responde de forma relaxada, sen perder os papeis para non botar máis leña ao lume.

Demasiados Hashtags

Utilizar hashtags nos teus post é unha práctica común, pero precisas ter coidado coa súa cantidade. Poñer moitas etiquetas fará que os teus textos sexan pouco lexibles. Ademais, o número que podes empregar varía en función de cada redes sociais. Por exemplo, en Instagram podes usar ata 30 hashtags, pero en Facebook, LinkedIn ou Twitter, recomendan tres ou catro. 

Así mesmo, os hashtags deben estar relacionados co teu contido e a túa marca, xa que queres posicionarte no mercado correcto e traer ao teu público obxectivo.

Pon pocos hashtags.

Non compres seguidores

Pode resultar tentador comprar seguidores para que os teus números crezan rapidamente sen esforzo. Pero é unha práctica moi mala que o único que consegue é empeorar a túa reputación on line.

Chama moito a atención que unha marca unha gran cantidade de followers teña poucas interaccións, xera pouca confianza por parte do usuario, que pensará que esas cifras non son reais.

Ademais, 1.000 seguidores falsos son peores que 100 verdadeiros, porque son os que nos van dar engagement e poden converter en clientes potenciais.

Ten coidado co ton

Abusar do ton corporativo en redes pode der a impresión de que, no canto de estar tratando cunha persoa, estás a facelo cun robot que só quere vender. Da igual forma, se es moi próximo co teu público, semellará que es pouco profesional e non te tomas o teu traballo en serio.

É por iso que debes coidar moito o teu ton e a túa linguaxe, adecualo ao sector da túa empresa. Non vas utilizar chistes se tes unha xestoría, nin vas falar coma un catedrático na conta dun bar.

Se estás interesado neste tema, podes ler o noso artigo sobre a monitorización de redes sociais: https://www.vincusys.gal/blog/sabes-que-din-do-teu-negocio-nas-redes-sociais/ 

Aplica o aprendido

Como ves, manexar as redes sociais dun negocio non é un camiño de rosas. Pero se segues estas recomendacións, correrás menos perigo de cometer erros e a túa actividade on line irá sobre rodas. Iso si, se precisas axuda, non dubides en contactar con VINCUSYS e darémoste asistencia da mellor forma posible. 

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles