Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Os ciberataques: que son e como protexernos

by | Xan 17, 2023 | Blog tecnoloxía, Márketing, Seguridade informática, Tecnoloxía, Web | 0 comments

A pandemia causou un aumento do emprego de Internet e do ámbito dixital considerable, pero tamén aumentou a cantidade de ciberataques. Vivimos nun momento no que é moi habitual traballar ou facer compras na rede, polo que se tes unha empresa é practicamente imprescindible estar presente na contorna dixital. Por iso, é moi importante coñecer que son estes ataques e, sobre todo, como evitalos.

Que son os ciberataques?

O Instituto Nacional de Ciberseguridad de España (INCIBE) define ciberataque como o intento de “obter acceso a un sistema informático sen autorización, servíndose de diferentes técnicas e vulnerabilidades para a realización de actividades con fins maliciosos”. España foi un dos países máis ciberatacados en 2022 e a situación non semella que vaia mellorar no futuro. E é que o Informe de Riesgos Globales de 2023, feito polo Foro Económico Mundial, sinalou aos ciberdelitos como un dos perigos internacionais aos que enfrontarémonos a corto e medio prazo.

Hai moitos tipos de ciberataques que poden afectar ás empresas, pero entre os máis empregados temos:

  • Enxeñería social ou phishing, unha técnica usada para enganar a alguén co obxectivo de roubar os seus datos.
  • Malware, programas maliciosos que danan ou se infiltran no ordenador. Son virus que buscan deteriorar o equipo.
  • Ransomware, un programa que secuestra o teu dispositivo ou información e que bloquea o seu acceso a non ser que a vítima pague un rescate.
  • Roubo de identidade, no que o delincuente suplanta a alguén para abrir contas de préstamos ou tarxetas bancarias ao seu nome.

Se queres afondar nas tipoloxías de ciberataques, recomendámosche ler este artigo.

Consellos para evitar ataques

O obxectivo principal deste tipo de delitos son, sobre todo, as empresas, polo que é moi importante ter unha boa seguridade on line e saber como protexerte ante un ciberataque. Se, por exemplo, empregas WordPress, hai algúns consellos que deberías ter en conta para axudarte a reforzar a protección do teu sitio web.

O primeiro é comprobar que o teu contrasinal é seguro. Se a túa clave é moi sinxela, corres o risco de que un delincuente poida adiviñala. Por iso, é extremadamente recomendable que o contrasinal sexa extenso, mesture letras maiúsculas e minúsculas e empregue números e caracteres especiais. Tamén podes empregar un xestor de contrasinais seguro como Passbolt.

ciberseguridad-tipos-ciberataques

Hai que prestar moita atención ás actualizacións de WordPress, dos modelos e dos plugins que empregues. A súa falta de actualización é unha das principais vías para ciberataques en WordPress. Por iso hai que asegurar que non están desactualizados e estar pendentes de futuras versións, así como eliminar os que xa non empregues para que non ocupen espazo. Este é un tema no que insistimos moito dende VINCUSYS porque nos encontramos numerosos casos de ciberataques nos últimos meses. Nalgúns queda nun mero susto, pero a subtracción de datos de WordPress, especialmente en tendas on line, supón un problema en materia de Protección de Datos.

Tamén recomendámosche ter coidado á hora de instalar plugins e temas que sexan gratuítos ou que non sexan moi coñecidos porque poden conter un virus ou código malicioso. Por iso, sempre aconsellamos dispor dun servizo de actualizacións técnicas de WordPress, modelos e plugins como o que ofrecemos. Sempre poderán hackearte, pero canto máis difícil sexa, máis improbable será que o consigan.

Tampouco te podes esquecer de realizar copias de seguridade do teu sitio en WordPress. Se nalgún momento sucede un erro ou eres vítima dun ciberataque, este respaldo pode restaurar a nosa páxina web ao estado no que estaba previamente. Por iso, é aconsellable facer copias de seguridade de todos os arquivos polo menos unha vez por semana, para que sexan o máis recente posible e non perdas ningún dato. En WordPress podes configurar unha copia automática para estar seguros de que sempre temos un respaldo para casos de desastre.

Os ciberataques son cada vez máis comúns, por iso seguir estes consellos pode axudar a reducir o risco e asegurar que podes realizar a túa actividade sen ningún problema.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles