Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Pinturas e Decoracións Seoane confía en VINCUSYS para renovar o seu sitio web

by | Set 13, 2022 | Blog VINCUSYS, Márketing | 0 comments

A empresa Pinturas e Decoracións Seoane confiou na experiencia de VINCUSYS para renovar por completo o seu sitio web.

A compañía de rehabilitación de espazos interiores e exteriores acumula unha traxectoria de máis de 15 anos no sector, nos que pasou dun pequeno negocio a converterse nun gran proxecto cun amplo persoal de traballadores.

Entre os seus servizos, a empresa dedícase ao pintado de paredes, tanto en vivendas particulares como garaxes e locais comerciais; á colocación de papel, restauración e limpeza de fachadas; pintura de chans e impermeabilización de terrazas e medianeiras, entre outros servizos.

Un das súas principais lemas radica en adaptarse ás esixencias dos seus clientes. Por iso, en VINCUSYS decidimos partir desta máxima á hora de decidir a organización e estrutura do portal web que conectará á compañía co seu público.

https://www.vincusys.gal/blog/por-que-e-clave-o-deseno-web/

Desde o punto de vista cromático, acomodamos o deseño web á propia identidade corporativa desta empresa, na que predominan os tons azuis, vermellos e o branco. Todos estes elementos poden observarse en encabezados, títulos e subtítulos ao longo das diferentes seccións.

El diseño web de Pinturas y Decoraciones Seoane se adapta a cualquier dispositivo

Ademais da páxina principal, incorporamos unha sección ‘Sobre nós’ nas que se detalla e acredita a historia e a experiencia de Pinturas e Decoracións Seoane.

Xunto a ela, adherimos un apartado específico de ‘Servizos’ con diversos apéndices en función da categoría de traballo que busca o usuario, como pintura industrial, lacados, papeis, vinilos e murais, pintura exterior, pintura interior, chans sanitarios e tarimas.

A maiores, incorporamos unha sección cos datos, o teléfono da compañía, un formulario de contacto para o cliente e a localización específica en Google Maps.

Sitios web á túa medida

En VINCUSYS, a túa axencia de márketing dixital en Santiago, contamos cun persoal experto en deseño e desenvolvemento de páxinas web e apostamos por WordPress para adaptar o sitio web de Pinturas e Decoracións Seoane.

Grazas a este CMS, creamos un deseño para tentar conseguir a mellor experiencia de usuario posible e atender os requisitos de posicionamento SEO nos buscadores, especialmente no caso de Google. Ademais, a web está deseñada para adaptarse a todo tipo de dispositivos.

Na nosa empresa ofrecemos un deseño web á túa medida e escoitamos as túas necesidades para mellorar a presenza en liña do teu negocio, e ofrecemos dun completo servizo de xestión de comunicación, redes sociais e relación cos medios.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles