Moitos negocios teñen dúbidas sobre se crer ou non no deseño web para as súas marcas. Internet converteuse na nosa principal fonte de información, por iso a presenza das marcas nela é tan importante.
Gran parte das compras que realizamos comezan cunha busca on line da marca do produto. Se non tes unha web, comezarás en desvantaxe fronte á túa competencia no proceso de compra do cliente.
Empregando ferramentas analíticas poderás saber o número de persoas que visitaron a túa páxina, que contidos despertaron máis interese, quen comprou (en caso de que vendas produtos ou servizos) e outros datos que che permitirán coñecer aos teus clientes e mellorar.
Vantaxes de ter unha páxina web
A páxina web, como escaparate da túa empresa, permitirache dar a coñecer e/ou mostrar os teus produtos ou servizos ao público ao que te dirixes. Por iso é fundamental que o deseño web estea coidado, o contido ben estruturado e que funcione correctamente, especialmente se estamos falando dunha tenda on line. A experiencia de compra ten que ser agradable, así non correrás o risco de que os visitantes do teu ecommerce non volvan a comprar. As vantaxes de ter web son interesantes:
- Aforro de custos: as webs teñen un custo de creación, pero os custos fixos dunha tenda sinxela -non falamos aquí dun marketplace de grandes dimensións como Amazon- son inferiores aos de ter unha tenda física.
- Dispoñibilidade completa: a túa empresa, produtos ou servizos teñen un escaparate 24/7.
- Información sobre os teus clientes potenciais: o feito de que alguén visite a túa web demostra interese. Sería o equivalente a ver a unha persoa parada mirando o escaparate da túa tenda. A diferenza está en que ollar o teu escaparate non deixa pegada, mais visitar a túa web si. Poderás saber que produtos ou servizos despertan interese e o perfil aproximado das persoas que pararon a coñecelos.
- Amplo alcance: a túa web poderá recibir visitas de calquera parte do mundo.
Tipos de páxinas web
Imos diferenciar dous tipos de webs segundo os seus contidos:
Webs estáticas
Ofrecen contidos que non (ou apenas) varían no tempo. Moitas webs corporativas o son, pode que non cambien os seus contidos en anos porque só queren mostrar información sobre a empresa e os servizos e estes son os mesmos invariables durante anos.
Webs dinámicas
Son ideais para empresas con moita actividade ou que van variando os seus produtos ou servizos con frecuencia. É posible que un taller ofreza sempre os mesmos servizos, pero cando falamos dun negocio que vende on line ou cuxos produtos ou servizos van variando co paso do tempo, o ideal é ir comunicándollo aos clientes a medida que eses cambios van sucedendo.
Un blog pode axudarte a ofrecer contidos interesantes para o teu target ao tempo que gañas posicións para a túa web en Google a través de artigos, noticias, entrevistas e outros formatos que inclúan as palabras clave polas que queres que te atopen. Pero terás que estar ao día cos parámetros que esixe Google para situar nas primeiras posicións dos resultados de busca, ou delegar nunha persoa externa que si o faga. Aquí o deseño web é importante, mais os contidos e o funcionamento técnico non o son menos.
https://www.vincusys.gal/blog/e-un-bo-momento-para-montar-unha-tenda-on-line/
Se tes ademais unha tenda on line dentro do deseño web da túa páxina, é fundamental que os teus produtos estean actualizados, as súas fichas completas e o proceso de compra resulte agradable e sinxelo.
En definitiva, como en todo, conseguir resultados visibles require un esforzo, non só na creación e mantemento técnico senón a nivel de contidos e actualización.
Por todo isto é importante traballar cun equipo experto en deseño e desenvolvemento web que se encargue da páxina e te asesore. A nosa axencia de márketing en Pontevedra está especializada neste e outros servizos, non dubides en contactar connosco se che interesa algún.
0 Comments