O Kit Consulting é un programa de axudas do Goberno de España, impulsado por Red.es, dirixido a pymes para que poidan contratar servizos de asesoramento dixital especializado. O seu obxectivo é apoiar a pequenas e medianas empresas nos seus procesos de transformación dixital, para o que ofrece unha folla de ruta a seguir coa que dar o salto facilmente. Poderán solicitalo as pymes que teñan entre 10 e 250 empregados. As beneficiarias recibirán un Bono de Asesoramento Dixital que deberán utilizar para contratar un ou varios servizos do catálogo establecido pola axuda, como por exemplo:
- Asesoramento 360 en transformación dixital.
- Asesoramento en ciberseguridade.
- Asesoramento en vendas.
- Asesoramento en estratexias e rendemento de negocio.
A contía máxima deste bono depende do tamaño da empresa:
- Os negocios de entre 10 e 50 empregados recibirán 12.000 €.
- Os negocios de entre 50 e 100 empregados recibirán 18.000 €.
- Os negocios de entre 100 e 250 empregados recibirán 24.000 €.
O importe máximo que se pode destinar cada un dos servizos é de 6.000 €. O programa está enmarcado dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e ten un orzamento de 300 millóns de euros financiados pola Unión Europea. O prazo para solicitar esta axuda terminará o próximo 31 de decembro ás 11 horas. https://www.vincusys.gal/blog/consulta-as-novas-axudas-para-empresas-e-autonomos-en-2024/ https://www.vincusys.gal/blog/consulta-as-novas-axudas-para-empresas-e-autonomos-en-2024/
Somos asesores dixitais
En VINCUSYS somos asesores dixitais adheridos ao Kit Consulting, por iso podemos axudarte no teu camiño cara á transformación dixital. Así, ofrecemos os servizos que necesitas para levar a cabo este arduo proceso completamente gratis. Se cumpres cos requisitos para solicitar este programa de axudas, só tes que contactar connosco e o xestionaremos todo.
0 Comments