Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Consulta as novas axudas para empresas e autónomos en 2024

by | Feb 15, 2024 | Blog recursos, Márketing | 0 comments

A Xunta de Galicia e Red.es teñen un conxunto de axudas económicas dirixidas a empresas e persoas autónomas co obxectivo de apoiar e financiar a súa actividade.

Programa Kit Dixital

O Programa Kit Dixital é unha iniciativa do Goberno de España, apoiada pola Unión Europea, cuxa meta é axudar a pequenos negocios e autónomos a financiar as súas necesidades tecnolóxicas. Os beneficiarios poden investir nas seguintes áreas chave:

  • Sitio web e presenza en Internet.
  • Comercio electrónico.
  • Xestión de clientes.
  • Xestión de procesos.
  • Xestión de redes sociais.
  • Business Intelligence e analítica.
  • Servizos e ferramentas de oficina virtual.
  • Factura electrónica.
  • Comunicacións seguras.
  • Ciberseguridade.
  • Presencia avanzada en Internet.
  • Marketplace.

Para solicitalo, debes rexistrarte na área privada de Acelera pyme, facer o test de diagnóstico dixital e despois pedir a axuda a través da sede electrónica de Red.es.

En VINCUSYS somos axentes dixitalizadores neste programa e ofrecemos todos os servizos que inclúe a convocatoria do Kit Dixital. Se a túa empresa cumpre coas características da subvención, contacta con nós e xestionámoscho todo.

Kit Digital: ¿Qué es y cómo lo solicito?

Subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal

Están dirixidas a comerciantes retallistas e talleres artesáns e teñen por misión dixitalizar e modernizar os seus respectivos traballos. O prazo de solicitudes vai dende o 3 de febreiro ata o 4 de marzo. Para solicitala, fai click aquí.

La Xunta abre el plazo de las Subvenciones para la transformación digital del comercio y artesanía

Programa do bono de persoas autónomas

Buscan axudar, consolidar e mellorar a competitividade dos autónomos que superen os tres anos de vida a través dunha subvención do 60 % da súa actividade, cun límite de 7.000 €. O prazo desta axuda vai dende o 29 de xaneiro ao 30 de setembro. Podes solicitar o teu bono facendo click aquí.

Abierto el plazo de convocatoria para el programa del bono de personas autónomas de 2024

Axudas ao emprendemento en Galicia

Están destinadas a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas para facilitar as súas iniciativas de emprendemente e financiar as súas inversións en diferentes materias, como o desenvolvemento de software ou páxinas web. Solicítalas na seguinte ligazón.

La Xunta convoca nuevas ayudas al emprendimiento en Galicia en 2024

Se estás a valorar se investir na liña de dixitalización comercial (e-commerce), no desenvolvemento de software, páxinas web, aplicacións, redes sociais ou deseño de marca, podemos axudarte. Chámanos ao 881 830 362 ou escríbenos a info@vincusys.com.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles