Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Un estudo revela as claves para a fidelización dos clientes

by | Xan 23, 2023 | Blog márketing, Márketing | 0 comments

A plataforma de software empresarial Capterra realizou un estudo sobre as tendencias de fidelización dos clientes españois, para axudar ás empresas a xerar máis lealdade entre os seus consumidores nestes tempos de inflación.

Para este estudo, Capterra cuestionou a 1.010 persoas residentes en España con máis de 18 anos de idades e revelou datos moi interesantes. Un 52 % dos enquisados non deixaron de comprar marcas en 2022, con tan so un 33 % que si o fixeron.

As súas razóns para deixar de consumir certos produtos son claras: o 75 % fixérono polo aumento dos prezos, un 38 % pola redución de calidade e un 29 % para tentear a competencia.

Á hora de probar marcas novas, un 72 % dos enquisados mostráronse moi abertos a ilo e un 27 % recoñeceron estar algo abertos, o que parece indicar que a lealdade cara a unha empresa pode ser moi volátil. O motivo principal polo que podería haber un cambio de produto ou servizo é debido a súa relación calidade-prezo (67 %), ao bo prezo (47 %) ou por mera curiosidade.

Respecto a forma na que os españois expresan fidelidade cara unha marca que lles gusta, o 80 % dos enquisados afirmou que o faría recomendándoa aos seus amigos ou familia, o 50 % escribiría boas recensións on line e o 49 % uniríase ao seu programa de fidelización.

Este último dato vai da man coa subida de prezos, xa que moitos consumidores deciden unirse a estes programas para aforrar en busca de descontos ou promocións exclusivas.

Segundo os enquisados por Capterra, parece que as marcas que xeran máis apego entre os habitantes do noso país son aquelas relacionadas cos produtos de electrónica e as cadeas de supermercados. Por outro lado, as que menos o fan son as de cosméticos e as de mobles.

¿Que lle importa aos clientes?

Para conseguir fidelizar a un consumidor xa non vale unicamente co produto, hai outras características que os clientes teñen en conta para mostrar a súa lealdade a unha marca.

A maioría dos enquisados afirma que o máis importante para captar a súa fidelidade é a relación calidade-prezo ou a calidade do servizo en si, pero unha porcentaxe alta tamén ten en conta a transparencia e a reputación dunha marca. Por iso, é moi relevante que, ademais de establecer controis de calidade, as empresas xestionen a súa reputación para asegurar que non perden clientes por iso.

En canto ás aplicacións móbiles, estas parecen estar á orde do día, xa que os datos afirman que un 82 % dos consumidores si se descargarían a app das súas marcas favoritas. E non so iso, senón que entre as súas funcións gustaríalles que houbera programas de fidelización, catálogos e opción para realizar compras.

Os resultados de Capterra indican que un 79 % dos enquisados estarían dispostos a compartir os seus datos persoais a cambio de ter experiencias máis personalizadas. Desta forma, os españois darían información como o correo electrónico, a súa data de nacemento ou identidade de xénero. Iso si, a maioría non estaría polo labor de conceder acceso aos  datos referentes a súa actividade web ou información das súas redes sociais, polo que aínda hai certos límites que os consumidores non estarían dispostos a cruzar.

A importancia da fidelización

Este estudo sobre as tendencias de fidelización confirmou que os españois están cada vez máis preocupados polos prezos e que, aínda que por agora a metade segue sendo fiel as súas marcas, a situación podería cambiar con facilidade.

Por iso, non dubides en contactar con VINCUSYS e axudarémosche a desenvolver unha boa estratexia de fidelización para atraer clientes e conservar aos actuais. E non esquezas a importancia que ten o marketing en períodos de crise. 

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles