Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

A importancia de investir en márketing en períodos de crise

by | Ago 4, 2022 | Blog márketing, Márketing | 0 comments

As épocas de retroceso económico, recesión ou crise financeira poden supoñer unha oportunidade para reforzar a presenza dunha empresa, a pesar de tratarse dun contexto moi desalentador.

A pandemia sanitaria é o exemplo máis recente para ilustrar este argumento. A enquisa empresarial realizada polo Banco de España revelou que o 80% das pemes tiveron que reducir a súa actividade pola COVID-19 e case o 40% rexistraron caídas superiores ao 60%. Esta diminución deuse de forma xeneralizada, aínda que máis acusada no sector servizos, restauración e hostalería.

Por outra banda, coincidindo coa crise sanitaria, os beneficios dos negocios que investiron en márketing dixital disparáronse nun 136%, segundo as cifras da axencia eStudio34.

https://www.vincusys.gal/blog/8-razons-polas-que-confiar-nunha-axencia-de-marketing/

Esta realidade non é nova. Empresas xigantes como Kellogg’s aproveitaron momentos de crise no pasado para potenciarse como marca e investir con visión de futuro, logrando consolidarse como un referente indiscutible no seu sector.

En definitiva, unha estratexia de márketing acertada, estudada e adaptada ás necesidades da empresa e que teña en conta aos destinatarios é un elemento esencial para garantir o éxito dun produto ou marca, mesmo en épocas de recesión. Algúns dos principais beneficios son:

Potenciar e manter a visibilidade da empresa no mercado

Unha boa estratexia de márketing asegurará que a audiencia lembre a marca e a imaxe da empresa, garantindo unha maior presenza no mercado e unha mellor conexión cos seus clientes e outros potenciais destinatarios.

Fidelizar aos teus usuarios

A pesar de que un gran número de negocios tivo que parar a súa actividade ou reducila con motivo da crise sanitaria e das dúbidas sobre a volta á normalidade, unha estratexia adecuada pode garantir a fidelidade da clientela habitual e, ao mesmo tempo, que estes usuarios satisfeitos se convertan en promotores da túa proposta na súa contorna.

Este feito pode supoñer un elemento crucial á hora de que unha persoa decida optar polos teus servizos en lugar dos doutra compañía.

Aproveitar as novas canles de venda

Todo plan de márketing debe pasar polas ferramentas dixitais. As novas tecnoloxías ofrecen moitas virtudes e beneficios para calquera empresa sen importar o tamaño, polo que se deben estudar e aproveitar as potencialidades de medios e ferramentas como os marketplace, ecommerce ou as redes sociais.

Chegar a novos mercados

Un momento de recesión e de crise pode ser o instante crucial para estudar outras posibilidades de mercado para chegar a outros puntos territoriais e, así, a novos clientes potenciais.

Neste sentido, as novas tecnoloxías sitúanse de novo como un aliado nun panorama onde a globalización está cada vez máis instaurada.

Adoptar un orzamento máis axustado

O márketing dixital facilita a adaptación a un orzamento moito máis axustado para as empresas, ao contar coa capacidade de focalizar e centrar os esforzos nun target determinado. En todo caso, a diferenza entre as empresas que optaron por reducir o seu orzamento e as que manteñen o mesmo obsérvase tanto no posicionamento da marca como no aumento de clientes e vendas.

Á hora de adoptar unha estratexia de márketing, é recomendable que as pemes se inspiren nas boas prácticas dos seus homólogos ou de grandes empresas e referentes de éxito, facer unha guía de xestión de redes sociais, unha forma de comunicación en liña efectiva cos seus clientes e destinatarios, e un plan de posicionamento SEO.

https://www.vincusys.gal/blog/ter-unha-boa-estratexia-de-marketing-ou-morrer/

VINCUSYS conta con profesionais con máis de 15 anos de experiencia ás súas costas neste ámbito que ofrecen todo o seu coñecemento do sector para que poidas utilizar Internet e as canles en liña para crear e difundir a túa imaxe de marca (branding), fidelizar e conseguir novos clientes.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará