Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Velsan Design confía en nos para darlle un novo aspecto a súa páxina web

by | Nov 9, 2023 | Blog VINCUSYS, Deseño, Deseño web, Márketing, Web | 0 comments

Velsan Design elixiu a nosa axencia para o redeseño completo da aparencia da súa páxina web. Para iso, estudamos as súas necesidades de cara a cumprir coas súas expectativas e entregarlle un bo resultado.

Velsan Design é unha empresa galega de fabricación de mobles a medida. O seu obxectivo é materializar as ideas dos seus clientes e darlles forma para crear os mobles perfectos para os seus proxectos. Para iso, contan con ebanistas profesionais capaces de desenvolver o que imaxinen.

A súa actividade vai dirixida a interioristas, arquitectos e compañías de contract que buscan a excelencia nas súas propostas. Deste xeito, ofrecen un abanico moi grande de materiais ou acabados, como madeiras, teas, coiros, espellos, porcelánicos ou metalizados.

Páxina web de Velsan Design deseñada por VINCUSYS

Á hora de facer o seu novo sitio web e tras escoitar o que necesitaba o noso cliente, decantámonos por un aspecto limpo e elegante. O seu deseño está coidado ata o último detalle, dende as cores e as texturas ata os separadores. Como co resto dos nosos traballos, guiámonos utilizando o manual de marca de Velsan Design para manter a coherencia visual da empresa.

Conta con sete apartados: inicio, nosotros, servicios, trabajos, ítaca, blog e contacto.

Inicio é a páxina de benvida, a primeira que ve o visitante nada mais entrar. Por este motivo, é unha das seccións máis importantes e conta coa información máis relevante sobre o negocio e a súa actividade de forma resumida, con ligazóns que levan a outras páxinas onde amplíase.

Nosotros fala mais en profundidade sobre que é Velsan Design, quen o conforma e cales son os seus propósitos e obxectivos. Polo seu lado, servicios inclúe unha lista de todo o que fai a empresa cunha breve descrición, como a fabricación a medida do mobiliario, o desenvolvemento de deseños de clientes ou a exportación.

En trabajos incluímos varios dos proxectos que realizaron, con descricións. O fundamental neste apartado era amosar as imaxes de cada traballos, de forma que os usuarios podan ver ben como son. Por iso, incluímos fotos en tamaño grande nas que se aprecian mellor.

Ítacaé unha sección dedicada a un dos seus produtos, a madeira heroica Ítaca. Trátase dun tipo de madeira recuperada procedente das bateas das rías de Galicia. Por iso, engadimos moitas fotos e descricións para que os visitantes póidano coñecer a fondo.

En blog atópanse as noticias da web, mentres que contacto amosa toda a información necesaria para dirixirse á empresa, así como un formulario que fai a comunicación máis sinxela.

AIP Telco confía en VINCUSYS para diseñar su imagen de marca y página web

Dende VINCUSYS esforzámonos para poder cumprir cos desexos do noso cliente e entregarlle un resultado acorde coas súas expectativas. Se che interesa ter unha páxina web para o teu negocio ou darlle unha nova aparencia, podes contactar connosco. Asegurarémonos de deseñar para ti un sitio a medida en liña co que eseas a buscar.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles