Xercode solicitou varios vídeos corporativos, para poder explicar aos seus clientes e potenciais clientes de forma sinxela e visualmente atractiva en que consisten os seus servizos tecnolóxicos.
A comunicación é todo no mundo empresarial. Nestes tempos nos que un vídeo pode captar a atención do público facilmente, é imprescindible saber aproveitar as vantaxes do formato audiovisual.
A empresa naceu fai máis dunha década, no ano 2009, como unha start-up que quería ofrecer servizos baseados en tecnoloxías de código aberto.
Xercode brinda solucións integrais para a xestión documental no sector arquivístico e bibliotecario. En definitiva, proporciona unha xestión intelixente do coñecemento, de contidos dixitais no ámbito escolar, académico e corporativo, empregando software libre.
Para este traballo, o cliente encargounos dous vídeos diferentes: un corporativo, explicando a actividade da compañía e os seus servizos; e outro centrándonos nun dos seus produtos, concretamente, xejournal.
Solucións de última xeración
Neste primeiro vídeo, consideramos que era moi importante ser capaces de contar todo o que fai a empresa dunha forma directa e fácil de comprender a primeira vista.
Por iso, empregamos un deseño que ten a tecnoloxía como principal protagonista, cheo de imaxes e animacións que se sustentan niso.
E falando de animacións, durante todo o contido decidimos usar transicións que lle deran dinamismo á información, para manter un nivel de atención óptimo e evitar distraccións.
Tamén afondamos en xebook, a plataforma integral modular que agrupa todos os seus servizos, contando cales son as súas vantaxes e características principais para que os potenciais consumidores de Xercode sexan capaces de ver o seu atractivo.
Para terminar o vídeo, recordamos cales son os valores da empresa e ensinamos a lista de clientes que xa confiaron na compañía, con exemplos destacados como a UNED, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade do País Vasco ou o Grupo Anaya, entre moitos outros.
Xejournal e o futuro das revistas on line
O segundo vídeo que realizamos para Xercode ten como protagonista o servizo xejournal, un sistema de xestión e publicación de revistas electrónicas.
Para o deseño, neste caso decidimos utilizar a cor característica do produto, o rosa, e convertelo no centro da paleta de cores, de forma que o contido se identificase e mantivera unha cohesión estética co servizo.
De igual forma, retomamos o concepto do primeiro vídeo ao empregar animacións sinxelas que serviran para dar sensación de movemento constante e non deixar que os posibles compradores perdan o interese no que estamos a contar.
En canto ao propio contido, o maior reto ao que nos enfrontamos foi o de ser capaces de condensar toda a información de maneira que os clientes de Xercode puideran entender facilmente a mensaxe, a pesar de usar conceptos e termos que non todo o mundo coñece. Un reto que logramos vencer sen dificultade algunha.
Así, decidimos comezar contando que é xejournal e cales son as súas características principais. Así mesmo, explicamos en que consiste o JATS XML, un estándar de organización, control de vocabulario e etiquetas de artigos científicos que a empresa incluíu na súa oferta. Este servizo facilita enormemente o traballo, xa que automatiza e reduce a carga sen aprendizaxe extra e mellora de operatividade.
En VINCUSYS buscamos sempre a mellor forma de comunicar a mensaxe dos nosos clientes, de maneira que sexa visualmente atractiva.
Se estás interesado no noso servizo de creación de contidos para empresas e marcas, non dubides en contactar con nós e brindarémosche a mellor axuda posible.
0 Comments