A Unión de Consumidores de Galicia, en colaboración con VINCUSYS, organizou a xornada Innovación Alimentaria: Que e canto hai de novo?, que terá lugar durante a mañá do 6 de outubro no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela.
Será unha importante cita multisectorial, dado que intervirán empresas, investigadores, xornalistas, científicos e emprendedores relacionados con todas as fases do mundo da alimentación, dende I+D ata márketing e venda de produtos e servizos. Durante o evento haberá unha pausa-café-networking para que os asistentes poidan relacionarse entre eles e atopar oportunidades de negocio.
A xornada Innovación Alimentaria: Que e canto hai de novo? é de asistencia gratuíta, previa inscrición. A capacidade é limitada, polo que recomendamos que vos apuntedes canto antes.
Asistencia gratuíta, previa inscrición. Capacidade limitada.
A INSCRICIÓN É OBRIGATORIA PARA ASISTIR.
Inscríbete enviando un correo electrónico co teu nome, apelidos e empresa a eventos@vincutato.com.
Invitámosvos a que compartades as vosas impresións empregando o hashtag #InnovaciónUCGAL.
A continuación, tedes a listaxe de relatores, a empresa, o título do relatorio e o horario no que participarán.
Innovación Alimentaria: Que e canto hai de novo?
#InnovaciónUCGAL
09:00 — RECEPCIÓN
09:30 — Inauguración
Unión de Consumidores de Galicia.
Belén Regueira, xornalista.
09:45 — Esther Vázquez
Especialista en calidade alimentaria.
“Novos modelos de xestión como factor de innovación no sector alimentario”.
10:00 — Marexi
Joaquín Gracia, Director xeral.
«TEDEPAD: o dispositivo tecnolóxico exterminador de parasitos de Marexi e a súa implantación en flotas pesqueiras».
10:15 — Proxecto Valdescar
Ana Camba Pardo, Técnico Opromar.
“Valorización do peixe descartado para obtención de produtos de valor engadido: Proxecto Valdescar”.
10:30 — Bágoas do Mar
Eva María Blanco, Responsable comercial de Carbónicas Landeira.
“Bágoas do Mar: tradición e innovación”.
10:45 — Kalekói
Susana Aguiar Carral y Álex Moure Silva, socios fundadores.
“Kalekói: Orixe e futuro”.
11:00 — Profand
Rafael Martínez, Director de Recursos Humanos.
“Valbiocef: Bioactivos de alto valor engadido”.
11:15 — Mercadona
Clara Medina, Directora de Relacións con Asociacións de Consumidores.
“Satisfacción e innovación. Consumidores intolerantes e alérxicos”.
11:30 — Miguel Vieito
Colaborador da UCGAL.
11:45 – 12:15 — PAUSA NETWORKING
12:15 — BenBoa
Francisco Teira, Socio promotor.
“Oportunidades de negocio a partir dos valores culinarios tradicionais galegos”.
12:30 — Cooperativa Amarelante
Óscar Freire Fernández, Socio de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.
“Proxecto Amarelante: Emprendendo para dinamizar o rural”.
12:45 — Grupo Nueva Pescanova
Tesa Díaz, Directora de comunicación.
“Novos produtos: do conxelador ao frigorífico”.
13:00 — Nutripop
Marta Santalla, Investigadora do Grupo de Bioloxía de Agrosistemas da Misión Biolóxica en Galicia do CSIC.
“Desenvolvemento de novos snacks nutritivos de leguminosas e cereais”.
13:15 — Tania Palmeiro
Grupo de enxeñería ambiental e bioprocesos da USC.
“Bioplásticos a partir de residuos”.
13:30 — Déborah García
Divulgadora científica.
13:50 — Peche
Unión de Consumidores de Galicia.
Esperamos que desfrutedes da xornada e que se cumpra o obxectivo de ser un espazo para a reflexión sobre o sector e o networking entre as empresas asistentes.
0 Comments