Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Xornada «Innovación Alimentaria: Que e canto hai de novo?» #InnovaciónUCGAL

by | Set 21, 2017 | Axencia de comunicación, Axencia de márketing, Blog VINCUSYS, Eventos, Márketing | 0 comments

A Unión de Consumidores de Galicia, en colaboración con VINCUSYS, organizou a xornada Innovación Alimentaria: Que e canto hai de novo?, que terá lugar durante a mañá do 6 de outubro no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela.

Será unha importante cita multisectorial, dado que intervirán empresas, investigadores, xornalistas, científicos e emprendedores relacionados con todas as fases do mundo da alimentación, dende I+D ata márketing e venda de produtos e servizos. Durante o evento haberá unha pausa-café-networking para que os asistentes poidan relacionarse entre eles e atopar oportunidades de negocio.

A xornada Innovación Alimentaria: Que e canto hai de novo? é de asistencia gratuíta, previa inscrición. A capacidad é limitada, polo que recomendamos que vos apuntedes canto antes.

Asistencia gratuíta, previa inscrición. Capacidade limitada.

A INSCRICIÓN É OBRIGATORIA PARA ASISTIR.

Inscríbete enviando un e-mail co teu nome, apelidos e empresa a eventos@vincutato.com.

Invitámosvos a que compartades as vosas impresións empregando o hashtag #InnovaciónUCGAL.

A continuación tedes a listaxe de relatores, a empresa, o título do relatorio e o horario no que participarán.

Innovación Alimentaria: Que e canto hai de novo?

#InnovaciónUCGAL

09:00 – RECEPCIÓN

09:30 – Inauguración

Unión de Consumidores de Galicia.

Belén Regueira, xornalista.

09:45 – Esther Vázquez

Especialista en calidade alimentaria.

Novos modelos de xestión como factor de innovación no sector alimentario”.

10:00 – Marexi

Joaquín Gracia, Director xeral.

«TEDEPAD: o dispositivo tecnolóxico exterminador de parasitos de Marexi e a súa implantación en flotas pesqueiras».

10:15 – Proxecto Valdescar

Ana Camba Pardo, Técnico Opromar.

Valorización do peixe descartado para obtención de produtos de valor engadido: Proxecto Valdescar”.

10:30 – Bágoas do Mar

Eva María Blanco, Responsable comercial de Carbónicas Landeira.

Bágoas do Mar: tradición e innovación”.

10:45 – Kalekói

Susana Aguiar Carral y Álex Moure Silva, socios fundadores.

Kalekói: Orixe e futuro”.

11:00 – Profand

Rafael Martínez, Director de Recursos Humanos.

Valbiocef: Bioactivos de alto valor engadido”.

11:15 – Mercadona

Clara Medina, Directora de Relacións con Asociacións de Consumidores.

Satisfacción e innovación. Consumidores intolerantes e alérxicos”.

11:30 – Miguel Vieito

Colaborador da UCGAL.

11:45 – 12:15 – PAUSA NETWORKING

12:15 – BenBoa

Francisco Teira, Socio promotor.

Oportunidades de negocio a partir dos valores culinarios tradicionais galegos”.

12:30 – Cooperativa Amarelante

Óscar Freire Fernández, Socio de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.

Proxecto Amarelante: Emprendendo para dinamizar o rural”.

12:45 – Grupo Nueva Pescanova

Tesa Díaz, Directora de comunicación.

Novos produtos: do conxelador ao frigorífico”.

13:00 – Nutripop

Marta Santalla, Investigadora do Grupo de Bioloxía de Agrosistemas da Misión Biolóxica en Galicia do CSIC.

Desenvolvemento de novos snacks nutritivos de leguminosas e cereais”.

13:15 – Tania Palmeiro

Grupo de enxeñería ambiental e bioprocesos da USC.

Bioplásticos a partir de residuos”.

13:30 – Déborah García

Divulgadora científica.

13:50 – Peche

Unión de Consumidores de Galicia.

Esperamos que desfrutedes da xornada e que se cumpra o obxectivo de ser un espazo para a reflexión sobre o sector e o networking entre as empresas asistentes.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles