Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

10 principios para unha boa estratexia SEO

by | Xan 12, 2019 | Axencia de comunicación, Axencia de márketing, Axencia de publicidade, Blog márketing | 0 comments

Está claro que unha estratexia SEO adecuada é imprescindible para calquera negocio on line. Unha boa estratexia permítenos avanzar e mellorar a nosa presenza dixital. É esencial coñecer aqueles puntos clave que van permitir mellorar a nosa posición en buscadores, evolucionando e evitando o estancamento.

Existen centos de indicadores que afectan á posición dun sitio web en buscadores. Cómpre destacar os máis de 200 factores que afectan ao SEO que Google ten en conta á hora de situar un sitio web. Por isto, é preciso seguir unha estratexia ordenada e coherente.

Estratexia SEO

Mostrámosvos 10 principios a ter en conta, e que todo profesional debería ter en conta, para deseñar unha boa estratexia SEO e acadar os obxectivos de todo negocio on line.

  1. O SEO debe ter un obxectivo, estratexia e tácticas claras e definidas. O SEO debe ir na liña da estratexia xeral de márketing dixital.
  2. Está moi relacionada co contido e a arquitectura da información, a facilidade de uso e a accesibilidade web. É de vital importancia ofrecer unha boa experiencia de usuario (UX).
  3. O SEO non é un fin en si mesmo. Son unha serie de técnicas para resolver un problema ou necesidade comercial.
  4. Basease en datos, rexeita as técnicas vaidosas.
  5. Hai que ter en conta tanto aos humanos como aos robots dos buscadores á hora de crear a web cubrindo as necesidades de ambos.
  6. Sen comprometer a efectividade e simplicidade busca solucións creativas e que te diferencien da competencia.
  7. Se aparecen situacións ou problemas similares replica as solucións que mellor funcionan.
  8. Sigue as recomendacións dos motores de busca. Non cumprir coas recomendacións destes pode ser prexudicial para os resultados.
  9. Evita o spam. Non empregues ningunha estratexia que poida ser considerada spam.
  10. Crea un SEO sostible no tempo. Evita os parches temporais e crea unha estratexia de valor que incremente co tempo o posicionamento e o valor comercial do negocio.

Estes son os principios a ter en conta para conseguir os obxectivos on line de calquera negocio no referente á súa estratexia SEO. Quizais queiras ler este outro artigo sobre vantaxes e desvantaxes do posicionamento orgánico:

https://www.vincusys.gal/blog/vantaxes-e-desvantaxes-do-seo/

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles