O márketing on line cambia ano tras ano de forma considerable e, aínda que algunhas ferramentas e os medios moitas veces non cambian, o que funciona un ano pode non funcionar ao ano seguinte. Por iso é importante manterse actualizado e ao día en todo momento.
Os clientes son a alma de calquera negocio e non é suficiente cun embude de márketing que funcione e esperar o retorno da inversión, senón que é importante crear confianza cos clientes para convencelos de que é a opción máis relevante.
Ten en conta estes 6 consellos para márketing dixital á hora de orientar a túa estratexia no futuro:
A relevancia gaña á cantidade
Non se trata de captar multitude de direccións de correo electrónico ou visitas na web, é necesario centrarse naqueles clientes que encaixan cos nosos servizos ou produtos, crear unha relación directa e persoal co cliente. Converter a cada cliente no centro do noso servizo.
Captar a atención do cliente
O obxectivo do márketing non debe ser expandir a presenza en infinidade de medios en todo momento senón en centrar a estratexia en conseguir chegar ao cliente adecuado no momento preciso. É necesario captar a atención do cliente, estimulalo para que compre os nosos produtos ou contrate os nosos servizos.
Ser omnipresente para a túa audiencia
Se realizas unha boa segmentación dos teus clientes potenciais, podes centrar os teus esforzos en estar sempre presente para estes. Non é necesario desperdiciar esforzos para estar en tódalas partes, senón aparecer a aquelas persoas interesadas no que ofreces e gañar a súa confianza.
Estar en máis dunha plataforma
Se cres que dominar unha soa plataforma é suficiente, pésao de novo. É certo que os usuarios de diferentes plataformas se comportan de diferente forma e incluso poden ser diferentes persoas, por iso hai que analizar ben en que plataformas ter presenza.
Non é cuestión de estar en todas as plataformas, pero depender dunha en exclusiva pode ser un problema a longo prazo.
O embude de márketing evolucionou
Aínda que é necesario crear un embude de conversións para o teu negocio, o máis habitual é que non sexa único e pode ser que teñamos diferentes embudes en función da plataforma que esteamos empregando.
Centrarse no retorno da inversión invisible
É importante facer gasto publicitario en publicidade para xerar leads e vendas directas, é unha forma de obter ingresos a curto prazo, pero non só iso, na actualidade é preciso realizar inversión a longo prazo, creando marca e gañando recoñecemento entre os usuarios.
0 Comments