Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

7 pilares da estratexia de márketing dixital

by | Mai 25, 2021 | Blog márketing, Márketing, Publicidade, Social media, Web | 0 comments

Revisado o 1/02/23 – Se paramos a observar o panorama tecnolóxico actual, é preciso para calquera empresa ou marca ter unha estratexia de márketing dixital sólida, xa que o éxito de calquera negocio está vinculado á elección dunha estratexia correcta conducindo á consecución de máis vendas e novos clientes.

A publicidade tradicional, se ben nalgúns casos continúa tendo certo impacto, é cousa do pasado. O impacto da publicidade nos medios convencionais é cada vez menor, especialmente na poboación por debaixo dos 34 anos que practicamente ignoran este tipo de contidos.

Tampouco debemos perder de vista que un gran número de persoas ignoran cada vez máis os banners e outros tipos de publicidade on line intrusiva que molestan máis do que informan. É por isto que hai que trazar unha estratexia de márketing dixital adecuada e creativa.

Dar prioridade ás necesidades do cliente

Non hai que perder nunca de vista ao cliente ao que nos diriximos. Non é bo comezar a crear campañas sen ningunha planificación e que perdan de vista as necesidades dos nosos clientes, o cliente debe ser o centro do noso negocio.

Identifica ao teu cliente potencial e crea un embude de conversión claro que identifique os pasos que debe dar o cliente para mercar o teu produto ou contratar o teu servizo.

https://www.vincusys.gal/blog/chaves-para-que-a-relacion-cos-teus-clientes-sexa-longa-e-frutifera/

Audita e mellora o teu SEO

Aínda que vendas un produto ou servizo excelente, se non chegas ao teu público potencial de pouco servirá. A optimización para motores de busca, coñecido como SEO, axudarache a chegar a aqueles usuarios que che están buscando e poderás ofrecerlles os teus produtos ou servizos.

En canto á optimización SEO, é preciso actualizala de forma constante. Google cambia o seu algoritmo máis de 500 veces ao ano, de xeito que muda os criterios polos que unha web aparece antes que outra multitude de veces ao ano. É recomendable realizar planes mensuais ou trimestrais para a mellora do SEO do teu sitio web.

https://www.vincusys.gal/blog/como-optimizar-o-seo-para-e-commerce/

Emprega o teu blog para xerar leads

A publicación do contido relevante axudarache a impulsar o teu sitio web, aumentando o número de palabras clave polas que apareces en buscadores, así como potenciando as palabras clave principais para a túa marca.

Cada publicación axúdache a aparecer en Google, de xeito que será máis sinxelo que te atopen os teus clientes potenciais.

Lembra que para conseguir os mellores resultados debes publicar contido de valor para os teus usuarios.

Organizar eventos ou webinars

Hai moitas formas coas que podes interactuar cos teus usuarios ou clientes a través do márketing dixital. Entre estas formas de interacción están os seminarios web, podcasts e promoción de eventos presenciais.

Na economía do coñecemento formar e dar a coñecer todo o potencial dos teus servizos ou produtos aos teus clientes actuais ou potenciais axudarache a facer medrar a túa empresa.

Iso si, lembra cumprir coa ‘Ley de Protección de Datos Personales y Garantía de los Derechos Digitales’.

https://www.vincusys.gal/blog/por-que-apostar-polo-e-mail-marketing/

Outorga importancia ás redes sociais

As redes sociais son unha das ferramentas máis importantes para comercializar calquera marca. Céntrate na plataforma que empregan os teus clientes ou clientes potenciais e publica nas mellores datas e horarios para gañar maior repercusión.

Pero non só publiques nas redes sociais, involúcrate coa túa audiencia iniciando conversas, participando nelas e respondendo aos eloxios, queixas ou inquedanzas dos usuarios. Crea unha verdadeira comunidade activa en torno a eles.

Orienta o teu márketing ao móbil

Asegúrate de que todo o teu contido en Internet e campañas de publicidade están pensadas para todo tipo de dispositivos. Os consumidores na actualidade son usuarios multidispositivo que acceden a un contido dende distintos tipos de tecnoloxías. Pero non só iso, o móbil xoga un papel crucial en todo contacto por Internet.

Ante todo isto, o mellor é que a túa empresa traballe cunha axencia especializada en comunicación e tecnoloxía para ter uns resultados eficientes. A nosa axencia de márketing en A Coruña pode axudarte con cada un destes sete puntos, contacta connosco!

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles