Vivimos nun mundo completamente dixitalizado, onde as redes sociais xogan un papel fundamental nas nosas vidas persoais e profesionais. Do mesmo xeito, o márketing integrouse profundamente na nosa rutina diaria, e é aí onde xorde a figura do community manager, un profesional clave para xestionar a presenza en liña de marcas, negocios e empresas.
Seguro que algunha vez escoitaches falar desta figura. Pero, se non é así, desde VINCUSYS contámoscho a través deste artigo.
Que tarefas desempeña?
Dentro do márketing dixital, o community manager é esa persoa que se encarga de construír e administrar a comunidade en liña dunha marca, negocio ou empresa. O seu obxectivo principal é o de xestionar a identidade e imaxe da mesma na Internet, establecendo unha comunicación constante cos clientes e potenciais consumidores. Entre as súas funcións máis destacadas atópanse:
- Creación e xestión de contido: Encárgase de deseñar, desenvolver e distribuír contido relevante para a audiencia á que quere dirixirse en redes sociais, blogs, foros ou outras canles.
- Atención ao cliente dixital: Responde preguntas, resolve dúbidas e mantén unha relación próxima cos seguidores e clientes da marca. É dicir, feedback.
- Supervisión da reputación en liña: Vixía as mencións da marca na Internet para asegurarse de que a imaxe da empresa se manteña positiva.
- Análise de métricas: Estuda os datos e resultados obtidos a través das interaccións en liña para medir o impacto das estratexias da marca e realizar axustes se é necesario.
Que capacidades debe ter?
Para desempeñar todas estas tarefas con éxito, o community manager debe contar con certas habilidades e competencias. Algunhas das máis importantes son:
- Boas habilidades comunicativas: Para cumprir con esa tarefa de creación de contido, é imprescindible que sexa capaz de transmitir a mensaxe adecuada, de maneira clara e concisa, tanto en forma escrita como verbal.
- Organización: A xestión de múltiples plataformas, contido e tarefas require dunha excelente capacidade de organización para dar prioridade a unhas actividades fronte a outras.
- Capacidade de análise: Para poder interpretar as métricas e resultados das accións, é dicir, saber que funciona e que non, o community manager debe ter unha gran capacidade de análise e de detección de oportunidades fronte a posibles ameazas.
- Empatía: Debe comprender as necesidades dos usuarios e xerar unha boa conexión con eles.
- Resolución de conflitos: Na contorna dixital non todo sempre é positivo, polo que un community manager debe manexar os conflitos de maneira profesional e tranquila.
- Seguridade en si mesmo: Relacionado cos puntos anteriores, ao interactuar constantemente con usuarios e clientes potenciais, é necesario contar con confianza para xestionar eses conflitos ou críticas.
Que pode achegar un community manager á túa empresa?
Un community manager non só será esa persoa que te leve a manter a presenza dixital da túa marca, senón que tamén achegará beneficios para a túa empresa tales como: axudarche a estruturar un plan de contidos organizado que manteña á túa audiencia sempre interesada e comprometida; identificar oportunidades de crecemento; anticiparse a posibles ameazas que poidan danar a reputación do negocio; crear relacións a longo prazo cos seguidores da marca, o que se traduce en maior lealdade e confianza por parte dos mesmos nos teus produtos ou servizos e, por último, abordar calquera situación de crise con profesionalidade.
Agora que xa che demos todas as claves, resulta evidente que apostar por un community manager é investir no futuro do teu negocio.
Por iso, se desexas ter un community manager que xestione a túa presenza en liña, potencie a túa marca e che axude a maximizar os teus resultados, non dubides en contactar con VINCUSYS. Nós encargarémonos!
0 Comments