Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Esta semana, comentamos na oficina algúns casos próximos de empresas que non souberon ver a importancia literalmente vital de ter unha boa estratexia de márketing. Literalmente vital? Si, 100%, porque non tela leva a medrar e caer estrepitosamente ou, case peor, non medrar nunca.

10 empresas sen estratexia de márketing

Agora estarás pensando “de que me está a falar esta muller?”. Falo de casos que mostran unha clara ausencia de estratexia de márketing e que, se paras a pensar, seguro que viches máis dunha vez.

Ausencia dunha mensaxe clara e inequívoca

O tipo de empresa que transmite moitas cousas e ningunha, que se lía comunicando numerosas ideas ó mesmo tempo e que remata por xerar confusión nos seus clientes.

Demasiadas mensaxes

Dende o típico flyer que che di tantas cousas que quedas con ningunha, ata redes sociais con posts que intentan destacar tantas vantaxes en produtos ou servizos que, ó final, o usuario/cliente non lembra ningunha delas. Menos é máis.

Identidade gráfica non definida

O que non ten nin logo, que emprega diferentes logos para unha mesma marca ou empresa, diferentes elementos inconexos, tipografías incompatibles e incluso cores que nada teñen que ver entre si, que da gana de arrincarte os ollos. Aí vai un exemplo dos tres primeiros casos que comentamos, que ademais xunta todos os erros gráficos nun mesmo elemento:

diseño gráfico en la estrategia de marketing

Imaxe do Pinterest de @pam_markel

Cambios de rumbo constantes

Criterios diferentes, non comunicados e sen explicación razoable para o cliente. Como por exemplo, “esta semana abro unhas horas, a semana que vén outras”,  “hoxe ofrezo uns servizos, mañá non me apetece, pasado volvo a ofrecelos” ou “hoxe permito pedir fóra de carta no meu restaurante, mañá non”.

Incongruencia total no trato ó cliente

Baile do “ti” ó “vostede” e do ton próximo ó cerimonial sen motivo. E isto, tanto no trato presencial como nos textos dunha web ou nas publicacións de redes.

Pasividade ante problemas

Dende non contestar a unha soa queixa en Google My Business a non dar solución ante problemas con produtos ou servizos. Pero a voz corre moi rápido en Internet.

https://www.vincusys.gal/blog/por-que-a-tua-empresa-precisa-apostar-por-google-my-business/

Publicar contido por publicar

Non ter unha estratexia de márketing que inclúa un plan de contidos ben definido, delimitado no tempo e con mensaxes concretas e coidadas. Actualizar por actualizar, só para que non se vexa a páxina de Facebook sen publicacións recentes. Dende o que comparte cousas persoais que nada importan ós seus clientes actuais e potenciais ata o que repite unha e outra vez o mesmo.

Pensamento 1.0… en 2021!

O clásico “só comparto cousas da MIÑA empresa, sobre os MEUS produtos ou sobre os MEUS servizos”. Meu, meus, miñas, eu, eu, eu…. Erro descomunal na era das comunidades on line. Se ó teu provedor ou ó teu cliente lles vai ben, é posible que a ti tamén. Apóiaos!

Reiteración ata o aburrimento absoluto

O que todos os días comparte a mesma cousa en redes, á mesma hora, do mesmo xeito e co mesmo contido. Exemplo habitual: o do bar de abaixo que publica en Facebook o seu menú do día, dá igual se é en texto ou foto da carta. Día tras día, semana tras semana, mes tras mes. Nin a súa familia o segue xa en redes.

https://www.vincusys.gal/blog/quero-escribir-un-bo-artigo-pero-non-sei-como-comezar-como-escribir-un-bo-artigo/

Acudir a unha axencia de márketing para despois non facer nin caso

Si, frustrante. E pasa máis a miúdo do que semella. Escóitalo, fas unha composición de lugar e ofréceslle unha serie de directrices para empezar a elaborar unha estratexia de márketing que se axuste ó que precisa. Diche que si a todo e despois ves que continúa facendo o mesmo que o levou a ti, o que xerou os seus problemas. Non te escoita a ti, pero, aínda peor, non escoita ós seus clientes.

estrategia de marketing agencia de marketing galicia

Se cando che doe a cabeza vas ó médico e cando se che estropea o coche acudes a un mecánico, por que non escoitas á túa axencia de márketing cando necesitas unha estratexia de márketing a medida?

Podería seguir poñendo exemplos, un tras outro, pero prefiro parar aquí e buscar unha solución ante todo isto. Solución, ou o que debería ser o comezo de todo aquel que monta un negocio: idear unha boa estratexia de márketing que lle permita acadar os seus obxectivos.

Como é unha boa estratexia de márketing?

Cando unha empresa acude á nosa axencia de márketing en Galicia, o primeiro que facemos é algo que semella moi sinxelo, pero cada vez se practica menos: ESCOITAR. Si, con maiúsculas. Porque escoitar para o noso equipo significa prestar atención, involucrarte, sentir o problema que che transmiten coma teu, buscarlle unha solución e solucionalo.

É bastante habitual, e por iso acaban pechando moitos negocios, que alguén que cociña moi ben decida montar un bar ou, pola contra, un empresario medianamente de éxito decida abrir un restaurante. Que erra en cada caso? No primeiro, que está moi ben saber de hostalaría, pero non podes esquecer que ó final é unha empresa e, como tal, precisa un plan de negocio, unha contabilidade e unha viabilidade económica. No segundo, que saber de negocios non significa nin implica que todos sexan iguais. Pode que che vaia moi ben nun sector, mais entrar noutro que non coñeces sen apoiarte en expertos é bastante probable que derive nun fracaso.

https://www.vincusys.gal/blog/consultoria-de-comunicacion-necesitoa/

Entón, partimos de que necesitarás información sobre o sector, sobre a túa competencia e un plan de negocios integral. Se os números non casan sobre o papel, imaxínate cando veñan os imprevistos.

Cando xa tes unha ruta económica a seguir, ven a parte na que a nosa axencia de márketing de Santiago de Compostela che pode axudar: a de dar a coñecer os teus produtos e servizos para captar e fidelizar clientes. O ideal é deseñar unha aposta para o curto, medio e longo prazo que inclúa todos os puntos necesarios para que a túa estratexia de márketing sexa de éxito: un bo plan de comercialización que inclúa márketing e comunicación; unha imaxe corporativa coidada e acorde coa túa empresa, sector e filosofía; e a tecnoloxía necesaria para apoiar todos os procesos, dende unha páxina web ata un bo programa de xestión que che permita controlar todas as fases do proceso do teu negocio.

Se precisas que te acompañemos polo camiño, será todo un pracer ofrecerche a nosa experiencia dunha década como axencia de márketing en Galicia e de case dúas décadas como especialistas no sector por separado. En calquera caso, lembra que dos erros se aprende. Se con este decálogo de erros frecuentes e facilmente recoñecibles xa achegamos algo, o esforzo terá pagado a pena.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles