Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

8 razóns polas que confiar nunha axencia de márketing

by | Mar 27, 2021 | Blog márketing, Deseño gráfico, Deseño web, Márketing, Publicidade, Tecnoloxía | 0 comments

De acordo co “Estudo eCommerce 2020” publicado por IAB Spain, o 72 % da poboación española comprou on line en 2020. Isto disparou o comercio on line e provocou que o 93 % dos compradores busquen información on line antes de realizar unha compra tanto on line como off line.

Estas cifras remarcan a necesidade de contar cunha boa presenza en Internet para que o teu negocio non caia no esquecemento. Podes deseñar un plan de márketing dixital de varias formas: aprendendo a facelo ti mesmo, deixando que un coñecido se encargue ou confiar nunha axencia de márketing profesional para asegurar o éxito. E pensarás: “por que vou confiar nunha axencia cando teño as outras dúas opcións e máis baratas?”. Dende a nosa axencia de márketing en Santiago de Compostela explicámosche as 8 razóns definitivas para confiar nunha empresa especializada.

Experiencia no nicho de mercado

Un profesional de márketing dixital sabe asesorarte da mellor forma posible e realiza as accións necesarias para que a túa campaña teña notoriedade. Ademais, coñece as ferramentas imprescindibles para levar a cabo estas accións e pode analizar o retorno da inversión das estratexias executadas. Con estes datos na man, poderás estar seguro de que non tiras os teus cartos en accións que non che dan nada a cambio.

Bo posicionamento en buscadores

Para poder chegar a ter unha boa posición en buscadores, tanto a nivel local como nacional, é preciso realizar accións constantemente. Isto pode ser un crebacabezas para alguén que non ten tempo suficiente para atender a todo. Confiar nunha empresa do teu entorno axudarache coa túa posición local, polo que unha axencia de márketing en Santiago de Compostela realizará todo este traballo constante en ámbolos niveis, local e nacional, e permitirache centrar o teu tempo noutras accións máis importantes para a túa empresa.

agencia de comunicacion santiago de compostela

Orixinalidade

Unha das claves do márketing dixital é a orixinalidade. Se realizas as mesmas accións que a túa competencia, non destacarás. Unha empresa de márketing sabe como comunicar dunha forma creativa e fresca a través de texto, imaxes ou vídeos que poden converterse, incluso, en virais. Levar a cabo un plan de márketing dixital personalizado fará que o teu negocio sobresaia por enriba do resto.

Estratexia adecuada ao target

Un dos grandes erros que cometen algunhas empresas é vender para todos. En publicidade hai unha máxima: “produto para todos, produto para ninguén”. Se confías nunha axencia de márketing dixital, esta saberá analizar cal é o teu público obxectivo e enfocará as accións cara o mesmo sabendo en que redes publicar, que ton hai que empregar e cales son as mellores horas para publicar, entre outras.

Asesoría imparcial

É moi difícil ter unha opinión obxectiva cando se trata do teu propio negocio ou cando te aconsella un familiar. Pola contra, cunha empresa de márketing sempre terás un asesoramento imparcial, xa que terá a distancia suficiente como para ver as cousas con claridade. Isto significa que che dará opinións centradas unicamente na eficacia do teu negocio que, talvez, aínda non contemplaras.

agencia de marketing en santiago de compostela

Eficiencia a curto prazo

Ao ser un profesional no seu sector, un experto en márketing saberá exactamente que operacións realizar para mellorar o teu negocio na rede dende o primeiro momento. Porén, unha persoa sen estes coñecementos tardará moito máis tempo en adquirilos e poñelos en práctica, polo que a eficacia das accións verase moi a longo prazo.

Contratación segundo as necesidades

Unha das vantaxes de contar cunha axencia de márketing é que obterás un asesoramento personalizado para a túa empresa e só rematarás contratando os servizos que necesites. Polo tanto, o presuposto que teñas axustarase a estas necesidades.

Localización

Canto máis próxima a empresa que escollas, mellor coñecerá o contexto do teu negocio e axudarache dunha forma moito máis próxima. Se o teu negocio se atopa en Galicia, escoller unha axencia de márketing en Santiago de Compostela axudarache co crecemento do teu negocio, porque son expertos no entorno no que se manexa o teu establecemento.

A vantaxe máis grande de confiar nunha axencia de márketing para deseñar e levar a cabo a túa estratexia en Internet é para o teu negocio: o rápido aumento da visibilidade en Internet a través das accións adecuadas fará que máis clientes coñezan quen es e que a túa empresa comece a medrar a un bo ritmo.

Se queres comezar a facer medrar o teu negocio, confía na nosa axencia de márketing en Santiago de Compostela. Contáctanos e asesorámosche!

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles