A infografía é un instrumento baseado no deseño gráfico moi efectivo para trasladar unha mensaxe. As infografías en márketing permiten transmitir o que queremos dunha forma concisa, visual e que chama a atención do consumidor, polo que son aliadas de utilidade.
Segundo o dicionario da Real Academia Española (RAE) -na Real Academia Galega non está recollido o termo- a infografía é unha “representación gráfica que apoia unha información en prensa”. É certo que nun inicio se empregaba especialmente nos medios de comunicación escritos, pero a súa eficacia fixo que se empezase a usar tamén no mundo da publicidade.
Deste modo, a infografía comeza a asumir outras funcións como a promoción de produtos ou servizos. En márketing dixital pasa a ser, ademais, unha ferramenta moi útil dentro do márketing de contidos, de modo que axuda a involucrar ao teu público.
Esta estratexia consiste na creación de contidos para Internet que teñen un valor engadido. Así, os consumidores se involucran coa mensaxe porque está traballada e coidada, o que deriva nunha maior fidelización. Dá boa imaxe e, polo tanto, unha boa percepción do negocio.
A gran vantaxe das infografías en márketing: son visuais
Para os consumidores é moito máis sinxelo procesar información visual que textual. A combinación dun bo deseño coa historia ou os datos que queres contar permiten ao usuario entendelo moito mellor. É sinxelo destacar a información máis importante e complementar o texto con gráficos.
Cando queres compartir datos complexos son unha vía excelente. Ensinar información máis especializada ou con moitos valores nunca foi tan sinxelo como cunha infografía. Ademais, permite facela entretida e, incluso, interactiva segundo o deseño.
Esta forma de comunicación pode conter elementos como enlaces, vídeos ou gráficos con movemento que van acompañando ao consumidor segundo fai scroll ou move o cursor. A interacción fai que un se involucre máis co produto e o goce moito máis.
Todo isto hai que acompañalo dun bo deseño. Ao falar de infografías en márketing hai que ter sempre presente a imaxe de marca. As cores ou as tipografías que representan a túa firma poden e deben estar presentes nestas visualizacións, de xeito que o consumidor asuma que esa información está sendo transmitida polo teu negocio.
https://www.vincusys.gal/blog/a-importancia-da-identidade-de-marca/
É un formato que gusta compartir
As infografías adáptanse a practicamente tódalas redes. Son perfectas para Instagram, pero tamén para Facebook e Twitter. Podes escoller o tamaño ao teu gusto e non precisas acompañalas de moito texto.
Son un formato que gusta compartir e para publicar datos en Instagram son perfectas. Se puxeras os datos no texto dun post, é probable que moitas persoas non lles prestasen atención, mentres que incluír na imaxe todo o importante se visualiza incluso ao compartila en stories.
É máis sinxelo que o teu negocio se faga viral en redes cunha infografía que con moito texto. Ter toda a información cunha visual rápida é algo cómodo que incita a compartir e facilita que se lembre.
Exemplos de infografías en márketing
Para entender ben todo o que acabamos de explicar non hai nada mellor que ensinar exemplos prácticos. Antes de nada, é interesante mostrar tamén a evolución que tiveron as infografías no ámbito da información. Pictoline é o exemplo perfecto de medio que as asume como único método para contar historias.
Ver esta publicación en Instagram
A través das ilustracións, as infografías permiten que o consumidor asuma a información moito máis rápido. Esta representación é unha vía moi empregada por organizacións para transmitir problemáticas ou casuísticas á poboación de forma sinxela.
Ver esta publicación en Instagram
Tamén é un recurso moi empregado para transmitir recomendacións. O ámbito sanitario fai bastante uso delas pola súa eficacia á hora de achegar coñecementos que poden ser máis complexos ou divulgacións de interese xeral.
Ver esta publicación en Instagram
Neste caso observamos, ademais, como adaptar as infografías segundo a rede social. Como os posts de Instagram teñen unhas medidas limitadas, podes dividir a visualización para non perder información e manter un bo deseño.
A pesar de que as asociacións utilizan moito este método pola súa eficacia á hora de transmitir mensaxes, os negocios tamén poden aproveitar as súas vantaxes. Igualmente, empréganse para facer recomendacións ou explicar cuestións sobre os seus produtos ou servizos, entre outras cousas.
Ver esta publicación en Instagram
Dende a nosa axencia de márketing en Galicia conseguimos que as túas mensaxes cheguen ao maior número de persoas posible de forma clara e cun deseño coherente coa túa marca. Se precisas axuda coa comunicación do teu negocio, contacta connosco.
0 Comments