Parecer ser que nunca. Un community manager caracterízase por estar conectado a múltiples dispositivos e ás distintas redes sociais 24 horas ao día, 7 días á semana. E se aínda por riba é autónomo, peor.
Os autónomos de por si tenden a mesturar traballo e ocio, buscar traballo en horas de ocio e empregar as que deberían ser de ocio para networking, xeración de sinerxías ou, directamente, buscar clientes.
Que pasa cando un community manager se satura?
Poderiamos pensar que o mesmo que cando lle pasa a calquera outro profesional, pero neste caso ten un lado negativo exponencial, proporcional ao alcance das súas accións.
Un community manager trata co público potencial e real dunha empresa, cos clientes e é, en gran parte, responsable da fidelización e a atención directa aos mesmos. Por iso é tan importante que estea descansado e a tope de enerxía. Ter man esquerda para resolver crises on line que poden xurdir a unha marca é complicado. Imaxinádevos se aínda por riba non desconectas, non descansas e o teu traballo che persegue.
O smartphone, a tableta, os ordenadores… todos estamos conectados de forma habitual a través de múltiples plataformas sociais, no caso dun community manager implica non desconectar nunca.
Un dos retos aos que se enfronta este profesional é o da xestión de crises. Seguro que che interesa ler este artigo:
Por que é importante xestionar ben as crises nas túas redes sociais?
Como pode loitar contra o «burn out» un community manager?
Non hai unha forma maxistral, a cada un funciónanlle os seus pequenos trucos, pero está claro que é importante conseguir unhas rutinas:
- Marcarse un horario de traballo: preferiblemente de oficina. É importante establecer rutinas para que o corpo se acostume a un ritmo de vida constante.
- Establecer «descansos sociais»: ata o cliente máis esixente pode entender que as súas consultas das 12 da noite serán atendidas mañá a primeira hora.
- Evitar procrastinar: se sabes que tes que actualizar 30 redes sociais con contido orixinal, interesante e atractivo, non o deixes para última hora, cando estarás esgotado. Emprega as túas horas máis produtivas para acometer as tarefas que máis concentración esixen.
- Non obsesionarse coa tecnoloxía: ás veces é moi bo para o corpo e a mente deixar a un lado todos os aparellos electrónicos e simplemente desconectar. Quizais un paseo, unha escapada rural ou calquera actividade que non requira da nosa atención visual e lectura en pantalla.
Foto: geralt
0 Comments