Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Deseñamos a imaxe de marca e a nova web da Clínica Dermatológica Alonso

by | Ago 28, 2023 | Blog VINCUSYS, Deseño gráfico, Deseño web, SEO, VINCUSYS, Web | 0 comments

Un dos últimos traballos que realizamos en VINCUSYS foi deseñar a nova imaxe de marca e a páxina web da Clínica Dermatológica Alonso dende cero. Seguindo o desexo do noso cliente, ofrecémoslle unha aparencia moderna, limpa e coidada.

A Clínica Dermatológica Alonso atópase en Santiago de Compostela e ofrece aos seus pacientes solucións e seguimento de todos os aspectos relacionados coa pel, dende un punto de vista médico, cirúrxico e estético.

Está formada por un equipo de dermatólogos especialistas na valoración e en tratamentos da pel, tanto sa como enferma. Por iso, dispón de tecnoloxía vangardista no seu campo, combinada con técnicas innovadoras.

A nosa axencia deseñou a nova imaxe corporativa desta clínica, elixindo a tipografía e a paleta de cor que mellor representan a súa esencia. O seu logo é sinxelo, pero atractivo. Inclúe o nome da clínica xunto cun elemento gráfico circular coas súas iniciais.

Páxina web da Clínica Dermatológica Alonso

Á hora de crear a súa páxina web, coma sempre, escoitamos que quería e necesitaba o cliente. Así, eliximos un deseño moderno e estético, que capta a atención do visitante cunha aparencia limpa que reflicta o campo no que traballan.

Para a paleta de cores, fixemos uso dos corporativos presentes no manual de marca da clínica e escollemos fotografías de diversos problemas cutáneos polos que unha persoa pode querer ir a consulta. Ademais, prestamos atención aos requisitos dos buscadores, de cara a conseguir un bo posicionamento neles.

A páxina conta con catro apartados, ademais da páxina de inicio: clínica, equipo, servicios e contacto. En todos eles, a información presente é moi directa e concisa, para que os pacientes poidan entendela de xeito sinxelo e pedir unha cita canto antes.

Na clínica, explícase que é exactamente a Clínica Dermatológica Alonso e cal é a súa misión. Equipo, como indica o seu nome, contén ao persoal que forma parte do centro, cunha descrición de cada un e o currículo.

Servizos detalla que tipo de prestacións ofrecen aos seus clientes. Entre elas, están a dermatoloxía médico-cirúrxica, o láser dermatolóxico, a dermatoloxía estética, o tratamento de cabina e a cosmética médica.

Por último, mencionar que en Contacto está o formulario necesario para poder comunicarse coa clínica e concertar unha posible cita.

VINCUSYS apoya el festival Feito a Man

O noso equipo de deseño está moi contento co resultado desta páxina, tanto pola súa aparencia como pola utilidade que lle brinda ao noso cliente. Se estás interesado neste servizo, podes contactar connosco e contarnos que necesitas exactamente, sexa construíla de cero ou facerlle un cambio estético. Escoitarémosche e ofrecermos un presuposto a medida.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles