As recensións ou reviews de produtos ou servizos son tremendamente importantes hoxe en día, tanto para os e-commerce como para as webs corporativas. Igual que te fías máis de comprar algo que che recomenda persoalmente a túa nai ou a túa irmá, é moi probable que os teus clientes vaian correndo a ler as opinións de outros antes de adquirir un produto ou servizo.
Noticias
Por que a túa empresa precisa apostar por Google My Business?
Hoxe en día se tes un negocio é de vital importancia contar cunha presenza coidada en Internet, tanto a nivel web como de redes ou de Google My Business, independientemente de se tes unha compañía de gran tamaño, unha pyme, un comercio pequeno, etc. E digo “coidada” porque se eres visible en Internet existe a posibilidade de obter malas recensións ou comentarios e que a túa imaxe se vexa comprometida. Por este motivo é importante estar na web e coidar a túa imaxe, do mesmo xeito que mantés en bo estado a túa tenda física ou o teu escaparate.
Renovamos a páxina web de Xercode
Xercode é unha empresa pioneira no ámbito das solucións integrais para a xestión documental. Aposta polo software libre para ofrecer numerosos servizos diferentes capaces de integrarse entre si e todos dentro da súa plataforma integral xebook.
eQuaby estrea imaxe de marca e tenda on line
Fai uns meses que Athena, empresa compostelana cunha década de traxectoria na xestión da prevención de riscos laborais que ofrece servizos de formación, consultoría e asesoramento a nivel nacional, decidiu apostar por un rebranding completo: novo nome, nova imaxe e novo e-commerce. Presentámosvos todo isto na súa nova páxina web con tenda on line, un dos nosos primeiros proxectos tras a fusión de Vincutato e Comusys.
Vantaxes e desvantaxes do SEM
A atracción de tráfico para unha páxina web é unha das estratexias clave baixo as que se deben sustentar o resto de estratexias en márketing on line. De nada nos serve ter invertido diñeiro no deseño dunha gran landing page se non estamos atraendo tráfico ao noso sitio. Escoitaches falar do posicionamento SEM?
Vantaxes e desvantaxes do SEO
A optimización para os motores de busca ou SEO (do inglés Search Engine Optimization) consiste en aplicar diversas técnicas para mellorar a presenza nos resultados que os buscadores devolven para dererminados termos de busca co obxectivo de aumentar as visitas efectivas nun sitio web. Dito de outra forma, é un método de comercialización dun sitio web en liña de negocios de xeito que atrae a máis visitantes e os converten en consumidores. Isto implica o uso de imaxes, vídeos, perfís e contidos co fin de impulsar un enlace na orde de resultados dun motor de busca.
Por que a túa empresa ten que ser diferente?
A raíz da nosa entrada no sector inmobiliario, un sector que está vivindo un momento complicado os últimos anos, reafirmámonos no que sempre comentamos aos nosos clientes: “a túa empresa ten que ser diferente”.
Que tes que facer para diferenciarte coa túa marca persoal?
O noso aspecto, a forma que temos de relacionarnos cos nosos familiares e amigos, as mensaxes que transmitimos, os nosos xestos e comportamentos… fan que de maneira indirecta as persoas teñan unha percepción sobre nós. Por iso é importante diferenciarte coa túa marca persoal.
Por que debes ter unha estratexia de vídeo márketing?
Estou seguro de que todos, obviamente inclúome, consumimos vídeo, dende o móbil ou o noso ordenador. A plataforma tamén pode variar: en redes sociais coma Facebook, Instagram ou Twitter e en plataformas de vídeo como Youtube (na súa maioría). O que está claro é que nos encantan os vídeos e os consuminos cada vez máis, xa sexa para buscar un tutorial sobre como montar un moble ou por puro entretemento.
Como optimizar o SEO para e-commerce?
Xa comentamos que o e-commerce é unha realidade para as empresas do noso país. É máis, prevese que siga medrando como ata agora. Pero para que o noso negocio on line prospere, debemos ter en conta o SEO. Temos que traballalo para que os usuarios que accedan á nosa web poidan apreciar a calidade dos nosos produtos e servizos e os adquiran. Traballar o SEO para e-commerce dá visibilidade á nosa web nos buscadores, o que aumenta a probabilidade de captar tráfico para converter.
Conceptos clave para a analítica web
Moitas veces non conseguimos poñernos de acordo na definiciión das diferentes métricas que se empregan en analítica web. Para resover esta situación, deixámosvos este pequeno glosario para poñervos ao día.
É importante analizar a nosa páxina web?
Moita xente pensa que o importante é ter unha páxina web porque se non a tés non es ninguén en Internet. Isto non é así, non podemos perder o rumbo.
Consultoría de comunicación: necesitoa?
Consultoría de comunicación? A resposta é SI. Con maiúsculas. Para non perder tempo nin dar paos de cego, o mellor é ter claro que queremos facer e os motivos polos que optamos por esta vía. Un plan estratéxico de comunicación global para a túa empresa ten que estar ben pensado, calibrado e debe ser equilibrado. Por iso non é bo ir sen rumbo, perder enerxía, tempo e diñeiro en accións sen un sentido e unha dirección concretos.
O traballo dun profesional ten un prezo: #EuNonRegaloOMeuTraballo
Non podemos estar máis en contra da explotación laboral, sexa a asalariados, autónomos ou traballadores que, por circunstancias persoais, non poden non aceptar un traballo en negro, eses que sofren a explotación máis lamentable e denigrante. Dende que comezou a crise os niveis de abusos deste tipo viñeron medrando ata límetes insospeitados.
Mentiras sobre e-commerce: teño unha tenda on line, por que non consigo vender?
Esta é unha das eternas preguntas ás que se enfrontan as empresas que deciden crear unha tenda on line e apostar pola venda dos seus produtos a través de Internet. Pero os erros que se cometen tenden a ser iguais ou semellantes e algúns deles fáciles de solventar. Basta con traballar como unha formiga -inagotable e a diario- para que os resultados se vexan a medio prazo.
Por que deixar a comunicación corporativa en mans profesionais?
Vivimos na era do “todo comunica”. Dende a cor do papel que usas para dirixirte por carta aos teus clientes ata os chíos que firma a túa empresa: todo forma parte da túa comunicación corporativa. A continuación, explicámosche algunhas das vantaxes de deixar en mans de profesionais a comunicación da túa empresa.