Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Deseñamos a nova páxina web de Fisioterapia Abrente

by | Mai 16, 2024 | Blog VINCUSYS, Deseño, Deseño gráfico, Deseño web | 0 comments

Un dos últimos traballos da nosa axencia foi o de deseñar a nova páxina web de Fisioterapia Abrente, cunha aparencia que expresa calidez e profesionalidade.

O centro de Fisioterapia Abrente é a clínica de Purificación ‘Puri’ López, unha fisioterapeuta que conta con 17 anos de experiencia e que atende a cada paciente con amabilidade e proximidade.

Esta profesional está firmemente comprometida coa mellora da calidade de vida dos seus pacientes. Con isto en mente, busca solucións personalizadas, centradas na terapia manual.

Páxina web de Abrente Fisioterapia

A nova páxina web de Abrente ten unha misión clara: explicar os seus servizos e invitar aos usuarios a solicitar unha cita no centro. Por iso, o inicio inclúe a información esencial sobre Puri, a súa filosofía de traballo e o que ofrece.

Todo acompañado dun deseño dinámico, con moitas imaxes e coas cores corporativas da clínica.

Para explicar de forma clara e completa os servizos que ofrece, incluímos unha sección enteira dedicada a concretar cada un deles, como a fisioterapia traumatolóxica, deportiva, xeriátrica ou a ximnasia hipopresiva abdominal.

Podes comprobar ti mesmo o resultado facendo clic nesta ligazón.

¿Tes un negocio e queres renovar ou crear un sitio web dende cero? Coas axudas do Kit Dixital podes facelo. Contacta connosco e axudarémoste a darlle forma.

Consulta las nuevas ayudas para empresas y autónomos en 2024

 

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles