Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

VINCUSYS deseña a imaxe corporativa e a páxina web de Diez Telecom

by | Out 9, 2023 | Blog VINCUSYS, Deseño, Deseño gráfico, Deseño web, Márketing, Web | 0 comments

O noso cliente, Diez Telecom, encargounos o deseño do seu novo logotipo e páxina web para darlle unha aparencia renovada e fresca a súa identidade. Neste artigo, ensinámoste o resultado.

Diez Telecom é unha empresa especializada en solucións de telecomunicacións. Son distribuidores oficiais das mellores marcas de telefonía móbil e ofrecen servizos de instalación de diversos aparatos, como antenas de TDT e satélite, redes WiFi e LAN, videoporteiros, televisores na parede ou luces de acendido automático. Tamén encárganse do mantemento de instalacións en comunidades.

En cada un dos seus proxectos, esfórzanse por brindar servizos de calidade, con asesoramento completo e prezos competitivos.

O novo logotipo da empresa é conceptual e sinxelo, pero efectivo. Consiste no seu nome cun elemento gráfico en forma de ondas que deixa claro cunha ollada a que se dedica. Utiliza as cores negra e gris corporativas en todo o texto menos na letra ‘i’ de ‘Diez’, que usa a cor vermella, igual que o gráfico, dando a impresión de ser unha antena retransmitindo.

Novo logo Diez Telecom

En canto a súa páxina web, decidimos darlle unha aparencia dinámica, moderna e rechamante, de acordo coas tendencias actuais. Está dividida en seis apartados: inicio, quiénes somos, servicios, blog, contacto y contratar. Este último resalta máis que o resto, xa que, na barra de menú, atópase dentro dun botón propio que o fai destacar.

A páxina de inicio resume o contido da web coa información máis importante, así os visitantes poden ver todo o que ofrece facilmente. Ten unha sección coas últimas noticias do blog, as ofertas exclusivas da empresa, os seus servizos e a lista de compañías telefónicas coas que traballan. Ao final, hai un formulario de contacto sinxelo para pedir información.

En quiénes somos contan que fai Diez Telecom con máis detalle e inclúe unha lista de razóns polas que un cliente podería estar interesado en traballar con este negocio. Servicios, como di o seu nome, indaga nos servizos que ofrece a empresa. Están divididos en sete filas, cada unha cun título y descrición.

O apartado de blog conten noticias de interese para os clientes, como novidades e ofertas. Contacto, pola súa parte, posúe os datos de contacto coa empresa, un formulario e un mapa coa súa dirección física.

Por último, a pestana de contratar leva a unha páxina cun formulario no que os interesados poden escribir os seus datos para contratar algún servizo de Diez Telecom.

Diez Telecom, nova web

Diez Telecom, nova web

Estamos moi contentos co resultado final desta web, pola súa aparencia visual e a súa utilidade para o cliente. Se tes unha marca e necesitas unha nova identidade ou páxina web, non dubides en contactar connosco. Escoitaremos as túas necesidades e darémosche un servizo adaptado ao que desexas.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles