Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Como elixir unha tipografía para a túa marca?

by | Xan 25, 2023 | Axencia de comunicación, Axencia de publicidade, Blog deseño gráfico, Deseño, Deseño gráfico, Márketing | 0 comments

Á hora de crear unha identidade de marca, unha das preguntas máis frecuentes que nos podemos facer é como elixir unha tipografía acorde co que queremos transmitir. E é que decidir entre un tipo de letra ou outro pode ser crucial no deseño gráfico, porque cada fonte transmite sensacións distintas e definirá a personalidade da nosa empresa.

Pero primeiro, que é exactamente unha tipografía? Pois trátase da arte de deseñar a aparencia do texto, as letras, e organizar os seus elementos. Todo co obxectivo de resaltar as ideas que queremos comunicar.

Como comentamos, as tipografías van expresar diferentes emocións ou estados de ánimo. Podemos elixir fontes elegantes, divertidas, modernas, clásicas, simples… O número de opcións é case infinito. Por iso, debemos escoller aquela que encaixe máis coa nosa marca e que reflicta os efectos correctos.

Tamén debemos ter en conta o sector ao que pertence a nosa marca porque dependendo de cal sexa, teremos que, por exemplo, adecuarnos a unha maior ou menor seriedade, o que limitará as nosas opcións.

Consellos para escoller unha boa fonte

Xa vemos que a elección dunha tipografía poder ser un proceso complicado, pero hai unha serie de consellos que podemos seguir para facer esta tarefa máis sinxela.

Definir o contido

O primeiro paso antes de elixir unha fonte é o de definir cal é o contido para o que a vamos usar. Debemos ter moi claro como é a nosa marca, para comezar a buscar a tipografía que mellor lle vaia. Igualmente, hai que considerar o contexto, xa que non é o mesmo escoller tipografías para un logo que para un texto.

Observar á competencia

Fixarnos en que tipos de letras está usando a nosa competencia pódenos servir de guía para coñecer cales son as tendencias que levan no noso sector. Ademais, tamén servirá para evitar que elixamos unha tipografía moi parecida e diferenciarnos do resto de marcas.

Que sexa lexible

Algo que debemos ter en conta é a lexibilidade do texto. E é que, se queremos comunicar algo, os clientes teñen que ser capaces de lelo. Canto máis difícil sexa de interpretar, máis posibilidades haberá de que os lectores perdan o interesa na marca. De nada serve elixir un tipo de letra estético se non se entende.

Por iso, para garantir que a mensaxe sexa lexible, debemos ter en conta o tamaño da letra, que non sexa moi pequeno e force a vista dos clientes, ou que sexa moi grande e atafégueos.

Claridade e simplicidade

O grande número de fontes que existen pódenos abafar á hora de seleccionar e podémonos deixar guiar polas cousas que máis nos chaman a atención. Pero o mellor é que nos decantemos por opcións que sexan claras e sinxelas, que non teñan elementos que distraian demasiado e prexudiquen ao que queremos transmitir.

Menos, é máis

Temos que ser coherentes nos nosos deseños, por iso non debemos utilizar máis dunha ou dúas tipografías diferentes. O mellor é ter un tipo de letra para os títulos e outra para o corpo do texto. Iso si, dentro dunha familia tipográfica podemos experimentar e probar a combinar letras que se complementen.

Buscar a letra adecuada

Para buscar unha tipografía, podemos acudir a algún dos centos de directorios que existen en Internet e dende os que nos podemos descargar diferentes fontes. Existen páxinas de que son de pago e para as que precisaremos unha licencia, pero tamén as hai gratuítas.

Entre todos os sitios web dispoñibles, temos, por exemplo, a Google Fonts, unha librería completamente gratuíta con 1.483 familias tipográficas que podemos explorar libremente. Ademais, o ano pasado incorporou a ferramenta Google Fonts Knowledge, que ensina coñecementos básicos acerca do deseño de tipografías e é completamente gratis.

Google Fonts Knowledge, la nueva herramienta que te ayuda a escoger la tipografía correcta

Como vemos, elixir unha tipografía é un paso moi importante á hora de definir a nosa identidade de marca. Debemos coidar cada detalle do noso deseño se queremos transmitir as nosas ideas correctamente e que o público quede con nos. Para asegurar que así sexa, podemos consultar a expertos para que nos axuden no momento de deseñar a nosa imaxe.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles