Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Google di adeus ás cookies coa chegada de Privacy Sandbox

by | Feb 15, 2023 | Blog tecnoloxía, Márketing, Publicidade, Tecnoloxía | 0 comments

As cookies teñen os días contados. Google non perdeu o tempo e estase preparando para lanzar Privacy Sandbox, o seu servizo co que pretende dar o gran cambio na publicidade en liña.

A iniciativa foi anunciada alá polo ano 2019 e nacía co propósito de dar ao usuario maior privacidade fronte ao seguimento excesivo das cookies. E ao mesmo tempo, ofrecer aos anunciantes os datos necesarios para facer o seu traballo, atinando mellor que tipo de contido pódelle interesar ás persoas.

É a solución a un grave problema de seguridade actual, xa que moitas aplicacións teñen acceso aos fluxos de información persoal, como pode ser a túa pegada dactilar, que atentan contra a intimidade.

Chega a beta a Android

Hoxe foi o día que Google elixiu para ensinarlle ao mundo como funciona Privacy Sandbox, lanzando unha beta nos dispositivos con Android 13 instalado. Aínda que esta chegará a un número limitado de persoas e de forma aleatoria. 

Para saber se fuches un dos elixidos, tes que estar atento a que te chegue unha notificación que che alertará de que o servizo está dispoñible. Iso si, se non te interesa podes rexeitala sen ningún problema.

Na creación de Privacy Sandbox, Google di que traballou da man de expertos do sector publicitario e programadores para ofrecer a mellor ferramenta ao mercado.

Para que serve?

O seu funcionamento é sinxelo. Como usuario, poderás xestionar os datos que poden ver as túas aplicacións instaladas e indicarlle cales son os teus temas de interese, para que che mostren a publicidade máis relevante para ti. Uns temas que Android predefiniu, como por exemplo ‘cear’ ou ‘cine’. Ademais, tamén terás a opción de bloquear aqueles que non che gusten para evitar ver anuncios irrelevantes.

Con isto, a empresa de Silicon Valley pretende mellorar a privacidade de todos, pero sen deixar de lado aos publicistas, dándolles a información que precisan. De feito, este servizo melloraría enormemente o seu traballo, xa que poderán dirixir de forma máis efectiva os seus anuncios a aqueles grupos que estean interesados.

Dende o seu blog, Google declarou que “o obxectivo de Privacy Sandbox é proporcionar ás empresas as ferramentas que precisan para desenvolver a súa actividade en Internet, respectando ao mesmo tempo a privacidade dos usuarios”.

Mayor privacidad en los teléfonos móviles.

Dende o anonimato

Outro dos puntos fortes de Privacy Sandbox é o seu interese por manter o anonimato. Fronte a como funcionan as cookies, aquí non están interesados en crear unha ficha particular cos teus datos coa que as empresas podan recoñecerte e converter no branco das súas campañas.

O que pretenden en Google é inserirche nun grupo con gustos similares, de maneira que podas pasar desapercibido, pero compartindo a suficiente información para que os anunciantes saiban que tipo de contido ofrecerte.

O futuro das cookies

A beta deste servizo xa comezou, polo que os elixidos poden probar como funciona. Así mesmo, dende Google animaron aos programadores e aos publicistas a traballar con eles e puxeron a súa disposición unha guía sobre como participar neste período de proba. 

Podes ler máis sobre ciberseguridade na rede no noso seguinte artigo:

https://www.vincusys.gal/blog/ciberseguridade-e-ataques-informaticos-protexe-a-tua-empresa/ 

A ‘supercookie’ das telecomunicacións

Outra noticia que se coñeceu esta semana foi a da aprobación por parte da Comisión Europea de TrustPID, a ‘supercookie’ das operadoras de telecomunicacións.

Trátase dunha plataforma de publicidade dixital impulsada, nun comezo, por Vodafone e Deutsche Telekom e ás que se uniron Telefónica e Orange. Con ela, estas empresas queren crear unha alternativa ás cookies coas que garantir a privacidade dos usuarios.

Para iso, TrustPID xerará un token ou identificador dixital único a partir de números aleatorios, dentro da rede ou dos teus dispositivos. Desta forma, entregará este código aos anunciantes, que non saberán quen es en concreto, pero poderán coñecer os teus patróns e hábitos de comportamento para adaptar a súa publicidade ás túas preferencias.

Ademais, para asegurar que todo o mundo mantén a súa intimidade sen problema, as teleoperadoras xerarán un portal dende onde poderás controlar os permisos que outorgas ás aplicacións, e mesmo habilitar ou deshabilitar este servizo.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles