Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Lagoas de Roxos confía a súa imaxe a VINCUSYS

by | Feb 27, 2024 | Blog VINCUSYS, Deseño, Deseño gráfico, Deseño web | 0 comments

Lagoas de Roxos elixiu a nosa axencia para crear a súa imaxe de marca, deseñar a súa páxina web dende cero e deseñar a súa estratexia de comunicación. O resultado fala por si mesmo.

Lagoas de Roxos é un proxecto de construción dunha urbanización en Roxos, a menos de 7 kilómetros de Santiago de Compostela. Está compuesto por 20 viviendas pareadas de diseño en un entorno relajado y rodeado de naturaleza.

Os seus arredores contan cun parque infantil, liñas de autobuses, colexios de infantil e primaria, farmacia e supermercado. Todos os servizos esenciais necesarios para ter unha vida cómoda.

Para a imaxe corporativa, eliximos tons auga e pedra, para crear un logotipo que representa un lago. Estes tons están presentes ao longo da páxina web, de xeito que se mantén a cohesión estética da marca.

Imaxe corporativa de Lagoas de Roxos

O obxectivo central do sitio web de Lagoas de Roxos é presentar a urbanización de maneira atractiva e con todo luxo de detalles para convencer ao visitante e convertelo en comprador.

Para iso, conta cun deseño moderno, de estética agradable á vista, que bebe das últimas tendencias do mercado. Os elementos máis importantes ao longo dos distintos apartados da páxina son, sen dúbida, as imaxes das casas e a súa contorna. De feito, a web ten unha galería cuxa finalidade é amosar o atractivo das vivendas.

O sitio especifica os detalles técnicos de cada chalé, como a súa aposta pola eficiencia enerxética e a sostibilidade, os acabados de primeira calidade ou os interiores modernos e elegantes.

Ademais, para que o usuario se faga unha idea de como será a distribución da casa, inclúe os planos das vivendas.

Páxina web de Lagoas de Roxos

Se che interesa renovara aparencia e o deseño web da túa empresa, contacta connosco hoxe mesmo. E lembra que podes beneficiarte das axudas do Kit Dixital.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles