Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Para que serve a analítica web?

by | Feb 18, 2022 | Blog tecnoloxía, Márketing | 0 comments

A medición de datos é a clave do teu negocio. Coñecer en números como está funcionando a túa empresa sérveche para mellorar. Na actualidade, Internet permite saber moitos datos que son de gran valor, así que no post de hoxe contámosche para que serve a analítica web.

Antes de nada, convén explicar que é. Este traballo consiste en recoller datos sobre os usuarios que visitan a túa páxina web para poder interpretalos e analizalos. Grazas a isto, entenderás e poderás optimizar o uso do teu sitio.

A analítica web é unha parte do márketing en liña. Ter a man estes datos, permite saber como responden as persoas ante as diferentes accións de comunicación, de forma que os profesionais poden axustalas.

Ter información sobre o tipo de contidos que interesan máis aos usuarios ou sobre como acceden ao teu portal é identificar aínda mellor ao teu público. Poder personalizar as accións de márketing, adaptándoas ás túas necesidades, aumentará o éxito do teu negocio.

www.vincusys.gal/blog/definir-o-teu-publico-obxectivo-e-vital/

Para entender mellor a finalidade da analítica web, imos ver unha serie de cuestións que poderás responder con esta práctica e seguro que che parecen importantes:

  • Cantas persoas visitaron a túa páxina web.
  • Como chegaron ao teu sitio: por redes sociais, por unha busca normal no navegador, a través dun anuncio…
  • Canto tempo pasan nas diferentes páxinas, é dicir, como de ben funciona cada unha e canto interesan.
  • Se os visitantes son recorrentes ou non.
  • En que momento recibiches máis visitas.

Estas son algunhas das dúbidas ás que a analítica web pode dar resposta. Este estudo é aplicable a todo tipo de sitios web, dende e-commerce ata foros. Como as súas funcionalidades son moitas, unha das primeiras cuestións que debes ter claras son, como non, os obxectivos do teu negocio.

Así pois, dentro do que é o teu proxecto terás que identificar que información precisas. Unha vez saibas isto, deberás seleccionar os KPIs (indicadores clave de rendemento), unhas métricas que están directamente relacionadas cos obxectivos e permiten cuantificalos. Noutro post no blog explicamos os conceptos clave para a analítica web:

https://www.vincusys.gal/blog/conceptos-clave-para-a-analitica-web/

Recollidos os datos, hai que estruturalos para poder facer un estudo dos mesmos. Por iso o big data está tan vinculado á analítica web, pois permite examinar grandes volumes de información. Facilita ás organizacións o estudo dos seus datos para aproveitar novas oportunidades. Falamos de dúas disciplinas que realmente están moi ligadas.

Unha vez estudes os datos entenderás para que serve a analítica web, xa que che axudará a saber que tes que mellorar no teu negocio: que é o que máis atrae aos usuarios ou que páxinas funcionan peor. Á vez, permitirache ver cales foron as accións de márketing con mellores resultados.

Google Analytics: a ferramenta por excelencia de analítica web

Para levar a cabo este estudo podes empregar unha serie de plataformas. A máis común é Google Analytics, unha ferramenta gratuíta que permite coñecer numerosos datos importantes sobre a túa páxina web. A plataforma actualizouse ata a versión catro xusto o ano pasado.

Google Analytics fai informes cos datos que obtén e divídeos en cinco apartados: en tempo real, audiencia, adquisición, comportamento e conversións. Dentro de cada un deles atoparás información diferente que poderás estudar segundo os teus intereses.

Así pois, a plataforma elabora informes nos que indica datos como o número de usuarios, a porcentaxe de rebote ou a duración da sesión, sinalando ademais a tendencia destes (ascendente ou descendente) para que poidas entender que tal están funcionando as túas estratexias.

Na analítica web tamén interesa Google Tag Manager, unha ferramenta complementaria a Google Analytics que permite xestionar etiquetas. Esta plataforma posibilita engadir etiquetas de código dende o seu sitio sen ter que editalas no código da páxina web, o que facilita o traballo. Estas permiten recompilar datos de seguimento para mandalos a Google Analytics.

Se cres que lle pode vir ben ao teu negocio, non dubides en contactar coa nosa axencia de márketing na Coruña, axudámoste co que precises!

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles