Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Conceptos clave para a analítica web

by | Dec 17, 2017 | Blog deseño web, Deseño web, Márketing, Posicionamento web, SEO, Tecnoloxía | 0 comments

Moitas veces non conseguimos poñernos de acordo na definición das diferentes métricas que se empregan en analítica web. Para resolver esta situación, deixámosvos este pequeno glosario para poñervos ao día.

Visitas

Unha visita é un período de interacción entre un usuario e unha web, é dicir, é o número total de visitas que recibe un sitio web, independentemente de que sexan da mesma ou distinta persoa.

A ferramenta suma cada visita se pechamos o navegador ou se está inactivo durante uns 30 minutos, xa que pecha sesión. Por exemplo, se algún usuario está na nosa páxina web navegando, recibe unha chamada e non interactúa en 30 minutos, ao minuto 31 contabilizarase outra sesión ou unha segunda visita.

Visitantes únicos

Un visitante único é aquel identificado por unha cookie personalizada que xera o seu equipo, mediante un ID de primeira visita. Mentres que os usuarios recorrentes son identificados mediante cookies de segunda, terceira ou cuarta visita.

Intenta delimitar cantos usuarios distintos acceden ao noso sitio web, aínda que en realidade non estea medindo usuarios en si, senón dispositivos dende os que se accede, xa que toma como referencia as cookies que xera o noso equipo.

Esta métrica non é realmente exacta, porque o usuario pode borrar as cookies e modificar a súa identificación, ou que varias persoas accedan dende un mesmo equipo e contabilízase só como unha. Tamén se acceden dende distintos dispositivos, pero é a mesma persoa, contabilizaranse como distintas visitas.

Visitas recorrentes

Trátanse das visitas que volven a navegar polo noso sitio web.

Páxinas vistas

Total de páxinas visitadas, é dicir, mide cantas páxinas ve cada usuario en cada visita no noso sitio web.

As visitas repetidas nunha mesma páxina tamén se contabilizan. Se o usuario recarga de novo unha páxina, contará como outra páxina vista, ou se o usuario navega por diferentes páxinas e despois volve á inicial, tamén se contará como unha páxina vista.

Páxinas/visita

É a cantidade de páxinas vistas por cada usuario en termo medio.

Tempo de permanencia

É o tempo medio que queda o visitante no sitio.

Se a visita chega a unha páxina do noso sitio web e non ve ningunha máis, non se computa o tempo de estancia.

Porcentaxe de visitas novas

Son as persoas que visitan o sitio por primeira vez.

Porcentaxe de rebote

É a porcentaxe de visitas que non pasaron no noso sitio web máis que uns poucos segundos, é dicir, persoas que ingresan ao sitio e non realizan ningún clic, ou que chegaron só ata o inicio ou á páxina de entrada sen facer ningunha acción.

É recomendable analizar a taxa de rebote de cada páxina, xa que nos dá informacións sobre onde temos que mellorar.

A taxa de rebote é aceptable cando ronda o 40 e 50 %.

Porcentaxe de saída

É a combinación das variables do Tempo de permanencia, Porcentaxe de visitas novas e Porcentaxe de rebote. Se a combinación destas é positiva, considérase unha visita de calidade, se estas variables nos dan unha porcentaxe baixa, indican pouco interese do visitante polo sitio.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles