Neste mundo cada vez máis dixital e conectado, o márketing tradicional xa non é suficiente para chamar a atención. Se tes unha, coñecer as últimas tendencias do márketing e da comunicación é esencial para acada o éxito. Por iso, neste artigo imos explicar que é o inbound márketing e cales son os seus beneficios.
Imos comezar polo principio. O inbound márketing é unha metodoloxía que naceu no ano 2005, da man de Brian Halligan e Dharmesh Shah, fundadores de Hubspot. Consiste en poñer ao cliente no centro, convertelo no protagonista das accións de márketing que executes.
Hai que preguntarse que pode querer o consumidor, que pode necesitar e como axudarlle a conseguir os seus desexos. O máis recomendable é utilizar contido de alta calidade que encaixe cos seus intereses e unha atención ao cliente personalizada.
A súa filosofía principal é que as persoas deben atopar a túa marca de forma natural e orgánica, sen publicidade agresiva que interrompa a súa experiencia. Para iso, utiliza diferentes canles e técnicas, como o SEO, o SEM, as redes sociais ou as newsletters, entre outros.
Os catro piares do inbound márketing
A metodoloxía do inbound márketing divídese en catro etapas diferenciadas.
- Atraer: consiste en captar atención cara o teu negocio. Isto pode realizarse empregando diferentes formas e canles, sexan vídeos, pódcast ou imaxes que resolvan as súas dúbidas e que lles axuden en algo. A idea é achegarlles algo útil para que teñan unha percepción positiva de ti e do teu negocio.
- Converter: unha vez atraídos, o seguinte paso é convertelos en clientes potenciais. Para iso tes que usar diferentes recursos para ensinarlles o que podes facer por eles e que decidan elixirte por enriba do resto.
- Pechar: a continuación, toca concretar a venta. Debes nutrir a estas persoas con información cas empuxe a tomar esa decisión e acompañalas en todo o proceso, que sintan que estás con elas en cada paso do camiño.
- Deleitar: o inbound márketing non remata ao pechar unha venta. Este último piar enfócase en manter aos teus clientes satisfeitos e convertelos en prescritores da túa empresa, interactuando con eles de xeito correcto e axudándoos en todo o que necesiten. Desta forma, terán unha boa opinión sobre o teu negocio e recomendarano aos seus achegados.
Beneficios do inbound márketing
Aplicar esta metodoloxía na túa estratexia de márketing pode traerte numerosas vantaxes.
Fortalece a túa presenza
Utilizando o inbound márketing podes fortalecer a presenza do teu negocio na rede, de forma que os usuarios te atopen rapidamente ao facer unha busca. Isto vai darte unha posición privilexiada fronte a túa competencia, xa que, se apareces antes que ela nos resultados, atraerás a máis clientes potenciais.
É menos intrusivo
A diferencia da publicidade tradicional, que pode chegar a percibirse como intrusiva, o inbound márketing permite captar consumidores de xeito voluntario, creando unha relación máis sa e duradeira.
Mellora a túa reputación
Ao proporcionar contido de calidade e resolver as dúbidas dos usuarios, a túa marca posicionarase como líder na industria e gañará máis confianza por parte do público.
Xera leads de alta calidade
Co inbound márketing podes atraer a persoas que estean interesadas nos teus produtos de verdade, o que xera leads de maior calidade e taxa de conversión.
Facilita a medición e a optimización
O márketing dixital permite un seguimento detallado das métricas e o rendemento das túas estratexias, o que da a opción de realizar axustes e melloras en tempo real.
El fascinante poder del neuromarketing, la técnica que estudia la mente de tus clientes
Puideches ver como, empregando a metodoloxía do inbound márketing, podes atraer clientes de xeito orgánico a túa marca a través de técnicas que os poñan no centro da atención. Así, crearás relacións positivas cos consumidores e conseguirás mellores resultados a longo prazo.
En VINCUSYS podemos axudarte a implementar unha estratexia de inbound márketing de forma efectiva para impulsar o teu éxito no mundo dixital. Contacta connosco para poñernos mans á obra.
0 Comments