Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Que é o outbound márketing?

by | Xan 4, 2024 | Blog márketing, Márketing, Márketing | 0 comments

Dentro do mundo do márketing, hai diferentes termos que debes manexar se queres saber como realizar unha estratexia exitosa. Xa che falamos noutro artigo do inbound márketing, pero hai outra rama que tes que coñecer. Por iso, neste post ímosche explicar que é o outbound márketing.

O outbound márketing é un enfoque onde unha empresa intenta atraer aos clientes tomando a iniciativa a través de tácticas de promoción directas e unidireccionais. Deste xeito, contrasta co inbound márketing, que se centraba en poñer ao cliente no centro e escoitalo de forma activa, establecendo unha conversa e ofrecendo un valor engadido, afastado da publicidade convencional.

Esta estratexia coloca a venta no obxectivo de todas as accións de márketing. Por iso, quere chamar a atención da xente sobre un produto ou servizo, amosándoo directamente e usando argumentos sinxelos que van ao gran.

Exemplos de técnicas clave

Existen moitas técnicas que se utilizan no outbound márketing para lograr os obxectivos establecidos. Por iso, fixemos unha lista que resume as máis habituais.

Publicidade tradicional

Como xa saberás, a televisión, a radio e a publicidade impresa son canles tradicionais para chegar a audiencias masivas e xerar conciencia de marca de xeito rápido. É o que se leva usando toda a vida e unha das estratexias máis comúns dentro do outbound márketing, que se materializa en, por exemplo, anuncios en paneis publicitarios ou marquesiñas.

Telemárketing

As chamadas telefónicas proactivas permiten establecer conexións directas con clientes potenciais, presentar produtos ou servizos e recompilar información valiosa para mellorar futuras interaccións.

E-mail márketing

A estratexia de enviar material promocional directamente aos enderezos electrónicos dos posibles consumidores busca despertar o seu interese e recordarlles que o teu negocio existe.

Merchandising

Quen non ten na súa casa algún bolígrafo ou caderno co logo dunha marca? E é que a entrega de merchandising é tamén unha boa forma de darte a coñecer e que a xente quede co teu nome. A todo o mundo gústalle recibir regalos, polo que repartir accesorios ou obxectos útiles pode axudar a fidelizar a túa clientela e aumentar a túa presenza.

Eventos e feiras

Participar en feiras comerciais, congresos ou eventos proporciónache unha oportunidade perfecta para interactuar coas persoas e demostrar en directo o que poden facer os teus produtos ou servizos.

Publicidade en redes sociais

Crear anuncios pagados en plataformas como Facebook, Instagram ou LinkedIn dáche a capacidade de chegar a segmentos específicos da túa audiencia de forma máis selectiva, aproveitando a potencia e o alcance actual das redes sociais.

Que é o outbound márketing?

Vantaxes do outbound márketing

Pese a que o outbound márketing está perdendo terreo fronte ao inbound márketing, ten varias vantaxes que aínda o converten nunha técnica útil hoxe en día:

  1. Proporciona resultados rápidos: as estratexias deste enfoque soen xerar respostas máis curtas en termos de conversións, ofrecendo efectos inmediatos e que se poden contar.
  2. É máis sinxelo chegar a un público máis amplo: permite acadar grandes audiencias nun corto período de tempo, especialmente a través de canles tradicionais como a televisión ou a radio.
  3. Ofrece maior control da mensaxe: co outbound márketing tes un dominio completo sobre o que se vai dicir, asegurando a consistencia na comunicación e a cohesión na imaxe da túa marca.
  4. Ten máis facilidade para ser multiplataforma: podes estar presente en moitos lugares á vez, o que che da máis oportunidades de vender alá onde vaias.

¿Qué es el inbound marketing?

Nun mundo saturado de información dixital, o outbound destaca polo seu enfoque directo e proactivo. A pesar do auxe do inbound márketing, combinar ámbalas estratexias pode ser clave para realizar unha campaña integral.

Por iso, se queres comezar a aplicar estes enfoques e atraer clientes ao teu negocio, non dubides en contactarnos.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles