Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Red.es abre as axudas de dixitalización de autónomos e empresas de entre 0 e 2 empregados

by | Out 18, 2022 | Blog recursos, Márketing, VINCUSYS | 0 comments

A entidade Red.es abre o 20 de outubro a terceira convocatoria de axudas para a dixitalización do programa Kit Dixital, para aútonomos e pequenas empresas de entre 0 e 2 empregados.

O texto da convocatoria, que detalla os requisitos de solicitude, obrigacións e importes máximos, entre outras cuestións, pódese consultar na seguinte ligazón.

Este novo tramo do programa conta cun orzamento inicial de 500 millóns de euros e ten por obxectivo mellorar a competitividade e madurez dixital das empresas que se enmarquen neste segmento.

As contías de axuda para estas empresas poderán alcanzar ata un máximo de 2.000 euros por beneficiario en función da área concreta solicitada:

  • Sitio web e presenza na internet.
  • Comercio electrónico.
  • Xestión de clientes.
  • Xestión de procesos.
  • Xestión de redes sociais.
  • Business Intelligence e analítica.
  • Servizos e ferramentas de oficina virtual.
  • Factura electrónica.
  • Comunicacións seguras.
  • Ciberseguridade.
  • Presenza avanzada na internet.
  • Marketplace.

O prazo de presentación de solicitudes comezará este xoves 20 de outubro ás 11,00 horas a través da sede electrónica de Red.es e permanecerá aberto durante os próximos 12 meses.

Primeiro e segundo segmento do Kit Dixital

Doutra banda, lembra que o Goberno manterá aberto ata marzo de 2023 o prazo para solicitar as axudas correspondentes á primeira convocatoria do Kit Dixital.

Esta iniciativa supuxo ampliar ata seis meses o período previsto para o segmento dirixido a empresas de entre 10 e 49 traballadores.

A ampliación de prazo beneficiará tanto a aquelas empresas que teñan interese en apuntarse como outras que aínda necesitan tempo para emendar algunha deficiencia no proceso.

Se queres coñecer os pasos para optar a estas axudas, só tes que facer clic na seguinte ligazón.

Do mesmo xeito, o segundo segmento de axudas dentro do programa Kit Dixital mantén aberto o prazo de solicitude, para empresas de entre 3 e 9 empregados, que finalizará en setembro de 2023.

https://www.vincusys.gal/blog/red-es-abre-a-segunda-convocatoria-de-axudas-e-amplia-o-prazo-do-primeiro-tramo-do-kit-dixital/

Aposta por VINCUSYS

VINCUSYS formamos parte do catálogo de axentes dixitalizadores que se encargan de facilitar as solucións de dixitalización ás empresas beneficiarias das axudas deste programa.

Ofrecemos tódolos servizos que abarca a convocatoria, polo que a dixitalización do teu negocio pode saírche gratis se recorres a VINCUSYS, a túa axencia de márketing, comunicación e tecnoloxía en Santiago de Compostela.

Se a túa empresa cumpre coas características para pedir esta subvención e interésache algunha destas solucións, contacta connosco e xestionámoscho todo.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles