Revisado o 1/02/23 — Cada vez máis negocios fan uso das ferramentas que ofrecen as distintas redes sociais para conectar cos seus clientes dunha forma directa e personalizada. WhatsApp Business é unha nova liña de comunicación directa que poden empregar os clientes e as empresas para comunicarse dunha forma sinxela e efectiva. Permite automatizar, organizar e responder dun xeito rápido ás mensaxes.
Fai unhas semanas entramos en contacto con esta nova ferramenta e compartimos as nosas primeiras impresións, deixámosche o artigo a man por se tamén o queres ler:
Dito isto, imos entrar a valorar brevemente as vantaxes e inconvenientes que a versión de WhatsApp para negocios presenta para a túa empresa.
Vantaxes de WhatsApp Business
- Comunicación directa co usuario. Podes comunicarte cos teus clientes dunha forma directa e con un medio accesible.
- Pode instalarse nun teléfono que xa teña a aplicación de WhatsApp cun número persoal (2 contas no mesmo teléfono, normal e business, cada unha co seu número de teléfono).
- Perfil con máis información da empresa que un WhatsApp normal.
- Posibilidade de asociar cun número fixo.
- Os perfís de empresa verificados (se WhatsApp o estima oportuno).
- Mensaxe de benvida automático.
- Co servizo de programación de mensaxes podes lanzar promocións ou recordatorios aos clientes.
- Mensaxe de ausencia automático.
- Mensaxes con atallos para aforrar tempo escribindo.
- Estatísticas básicas.
- Posibilidade de integrar chatbots. Un chatbot é un programa informático co que é posible iniciar unha conversa.
- Poder ordenar con etiquetas as mensaxes.
- Pódese integrar cos servizos que ofrece Facebook. Sincronízanse as mensaxes de Facebook coas de WhatsApp Business.
- É útil para tramitar pedidos ou resolver incidencias.
Inconvenientes de WhatsApp Business
- Ten que instalarse nun móbil, aínda que pode usarse por web como o WhatsApp persoal, pero sempre vinculado a un teléfono móbil.
- O teléfono móbil debe ter conexión permanentemente para funcionar, senón non funcionan as mensaxes automáticas nin WhatsApp Web.
- As estatísticas son moi elementais.
- Non permite instalar a conta de WhatsApp Business en máis dun teléfono móbil á vez.
- Maior responsabilidade para o propietario da empresa que ten que estar pendente das preguntas ou comentarios que os seus clientes expoñen por WhatsApp Business.
0 Comments