Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Revisado o 1/02/23 – Cada vez máis negocios fan uso das ferramentas que ofrecen as distintas redes sociais para conectar cos seus clientes dunha forma directa e personalizada. WhatsApp Business é unha nova liña de comunicación directa que poden empregar os clientes e as empresas para comunicarse dunha forma sinxela e efectiva. Permite automatizar, organizar e responder dun xeito rápido ás mensaxes.

Fai unhas semanas entramos en contacto con esta nova ferramenta e compartimos as nosas primeiras impresións, deixámosche o artigo a man por se tamén o queres ler:

https://www.vincusys.gal/blog/as-nosas-impresions-sobre-whatsapp-para-negocios/

Dito isto, imos entrar a valorar brevemente as vantaxes e inconvenientes que a versión de WhatsApp para negocios presenta para a túa empresa.

Vantaxes de WhatsApp Business

  • Comunicación directa co usuario. Podes comunicarte cos teus clientes dunha forma directa e con un medio accesible.
  • Pode instalarse nun teléfono que xa teña a aplicación de WhatsApp cun número persoal (2 contas no mesmo teléfono, normal e business, cada unha co seu número de teléfono).
  • Perfil con máis información da empresa que un WhatsApp normal.
  • Posibilidade de asociar cun número fixo.
  • Os perfís de empresa verificados (se WhatsApp o estima oportuno).
  • Mensaxe de benvida automático.
  • Co servizo de programación de mensaxes podes lanzar promocións ou recordatorios aos clientes.
  • Mensaxe de ausencia automático.
  • Mensaxes con atallos para aforrar tempo escribindo.
  • Estatísticas básicas.
  • Posibilidade de integrar chatbots. Un chatbot é un programa informático co que é posible iniciar unha conversa.
  • Poder ordenar con etiquetas as mensaxes.
  • Pódese integrar cos servizos que ofrece Facebook. Sincronízanse as mensaxes de Facebook coas de WhatsApp Business.
  • É útil para tramitar pedidos ou resolver incidencias.

Inconvenientes de WhatsApp Business

  • Ten que instalarse nun móbil, aínda que pode usarse por web como o WhatsApp persoal, pero sempre vinculado a un teléfono móbil.
  • O teléfono móbil debe ter conexión permanentemente para funcionar, senón non funcionan as mensaxes automáticas nin WhatsApp Web.
  • As estatísticas son moi elementais.
  • Non permite instalar a conta de WhatsApp Business en máis dun teléfono móbil á vez.
  • Maior responsabilidade para o propietario da empresa que ten que estar pendente das preguntas ou comentarios que os seus clientes expoñen por WhatsApp Business.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles