Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Vendo produtos ou servizos: que leis de consumo teño que cumprir?

by | Dec 7, 2016 | Axencia de comunicación, Axencia de márketing, Blog márketing, Comunicación, Márketing, Tenda on line | 0 comments

Decides montar un negocio pola túa conta, ser emprendedor en tempo de crise e atópaste con que non sabes nin por onde comezar en materia legal. Non te preocupes, imos axudarche coas leis de consumo que debes cumprir. A continuación, compartimos contigo unhas pinceladas básicas para que nunca esquezas ao consumidor, ese no que te convertes cando saes do teu propio negocio e ao que debes mimar porque é o que che vai dar de comer.

Sé transparente

Que toda a información de cara aos teus clientes/usuarios sexa clara e estea ben estruturada. Produto, características, garantía, prazos de entrega, dereitos de desistimento, reclamación, etc.

Non olvides que cando sales do teu negocio, convérteste en consumidor.

A transparencia dá seguridade aos consumidores, estás mandando unha mensaxe clara: garantes todos os seus dereitos. Aparte de librarte de cometer infraccións da normativa en materia de consumo con evidentes consecuencias graves para o teu negocio. Lembra que a información sobre o teu negocio, produtos e/ou servizos pódese viralizar en Internet en calquera momento.

A publicidade é un contrato

Axústate á verdade: as promocións, características, calidade e publicidade dos teus produtos deben ser fidedignas. O consumidor/cliente ten dereito á protección dos seus lexítimos intereses económicos. Así se establece un equilibrio entre ambas partes.

A publicidade falsa ou enganosa é unha fraude, como tal é obxecto de sanción… e comezamos mal.

E consumo?

Valora a opción de adherirte ao SAC (Sistema Arbitral de Consumo). Os empresarios comerciantes ou profesionais poden facer unha oferta pública voluntaria para sumarse ao sistema. Aceptas, mediante ela, que as reclamacións/desacordos que xurdan entre os consumidores e o teu negocio ou a túa actividade profesional se resolvan a través deste procedemento extraxudicial e voluntario. Adherirte ao Sistema Arbitral de Consumo discrimínache positivamente fronte á túa competencia. 

Adherirte ao Sistema Arbitral de Consumo discrimínache positivamente fronte á túa competencia.

Ademais, dáche a posibilidade de ostentar un distintivo oficial que é un elemento adicional de calidade, transparencia (pasas a formar parte dun Rexistro Público de empresas adheridas ao SAC que calquera consumidor pode consultar) e reforzas a mensaxe de seriedade e credibilidade, dando garantías ao consumidor do teu compromiso coa resolución rápida de calquera posible conflito.

Podes solicitar este distintivo na Xunta Arbitral correspondente ao teu ámbito territorial onde exerzas a túa actividade ou comercialices os teus bens ou servizos.

Follas de reclamación

En xeral, todos os comercios e profesionais que ofrezan bens ou servizos aos consumidores deben dispor delas. Excepcións: profesionais colexiados (avogados, médicos, etc.), servizos públicos ou aqueles que teñan unha norma específica de follas de reclamacións.

Sexa no teu local físico, na túa tenda ou on line (advertindo da súa existencia na proposta comercial e no contrato), dispón sempre delas, avisa con carteis adecuados e ben visibles, tenas a man. Aínda que unha persoa non consuma ningún produto ou servizo teu ou non compre nada, pode pedilas, non necesita facelo para denunciar un abuso.

Non cometas o erro de non dala, é unha infracción administrativa grave.

A lexislación que debes ter en conta:

En xeral, se queres informarte de forma máis exhaustiva, aquí dispós dun listado de leis e artigos que che interesarán de cara ao cumprimento total da normativa vixente.

– LOPD: Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

– Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

– Lei 3/2014, de 27 de marzo, pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro.

– Lei 7/1996, de 15 de xaneiro, de Ordenación do Comercio Minorista.

– Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico.

– Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.

– Sistema Arbitral de Consumo (SAC): o Real Decreto 231/2008, de 15 de febreiro, polo que regula o Sistema Arbitral de Consumo (SAC).

– Artigos 57 e 58 do Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.

Se queres facernos calquera comentario, ampliar a información ou pedirnos asesoría, contacta coa nosa axencia de márketing e comunicación en Santiago de Compostela. Podes facelo a través da nosa web, estaremos encantados de atenderte.

Foto: Roderick Eime

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles