Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

VINCUSYS cambia o seu horario para mellorar a conciliación laboral e familiar do seu equipo

by | Nov 22, 2023 | Axencia de márketing, Axencia de publicidade, Blog VINCUSYS, Márketing, RSC, VINCUSYS | 0 comments

Como sabedes, a conciliación laboral e familiar do noso equipo, clientes e provedores é unha prioridade para nós. Por iso, decidimos cambiar o horario para ampliar os tempos de descanso e desconexión.

Dende que abrimos as nosas portas, ofrecer un entorno de traballo agradable, que potencie as habilidades e a creatividade das persoas que conforman o noso valioso capital humano, foi unha das nosas maiores prioridades. Por iso, sempre ofrecemos unhas condicións de flexibilidade especiais, moito máis alá das marcadas polo convenio de Publicidade.

De agora en diante, iremos un paso máis aló modificando a nosa xornada laboral. O novo horario de atención ao público na oficina será de luns a xoves de 10 a 14 e de 15 a 17 horas e os venres de 10 a 14. Pola súa parte, o de atención telefónica e por e-mail será de luns a xoves de 9 a 14 e de 15 a 17 e os venres de 9 a 14.

Coma sempre, só contactaremos con vos nestas franxas horarias, para respectar o voso descanso e o do noso equipo.

Queremos agradecervos a todos os que depositastes a vosa confianza en nós e o apoio prestado durante estes anos. Seguiremos traballando para ofrecervos o mellor de nós.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles