Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

VINCUSYS renova a páxina web de Furgonet Barbanza

by | Feb 27, 2023 | Blog VINCUSYS, Deseño, Deseño web, Márketing, VINCUSYS | 0 comments

A empresa Furgonet Barbanza elixiu a VINCUSYS para renovar a súa páxina web e mellorar a súa presentación on line. Para iso, decidimos deseñar un sitio que reflectise a identidade da compañía e que deixase claros os seus servizos e compromisos.

Furgonet Barbanza é un negocio de alugueiro de furgonetas que opera na comarca de Noia e O Barbanza dende o ano 2020. Na súa frota, dispoñen dunha ampla variedade de furgonetas frigoríficas, con sistemas de refrixeración que as fan perfectas para o transporte de produtos frescos ou de alimentos.

Ofrecen un servizo personalizado para os seus clientes e o seu equipo está composto por profesionais que traballan para axudar en todo o proceso, dende a entrega ata a recollida do vehículo. De feito, en Furgonet Barbanza están moi comprometidos con dar unha atención inmellorable a prezos moi accesibles.

Á hora de deseñar a súa nova páxina web, decidimos escoller un aspecto que se axustase á súa identidade corporativa. De aí o uso da cor verde, presente no seu logotipo e que é un dos piares visuais da nosa elección. Así mesmo, empregamos formas que dan sensación de movemento e dinamismo, para reflectir a velocidade dos vehículos e a rapidez do seu servizo.

Captura de la web de Furgonet Barbanza.

Ademais dunha páxina de inicio, o sitio conta co apartado ‘Quienes Somos‘, onde podes atopar unha breve descrición da empresa e a súa actividade, moi útil para aqueles que non a coñezan.

Na sección de ‘Servicios‘, contamos que fai a compañía máis en detalle. De feito, decidimos matizar a súa actividade, de forma que cunha soa ollada se poida entender. Así, organizamos o seu traballo en tres bloques diferenciados, onde se explica como o cliente pode alugar furgonetas por tempo, por tipos ou directamente as frigoríficas, no caso de querer ese servizo en concreto.

Por último, encontramos o apartado de ‘Contacto‘, no que os usuarios poden cubrir un formulario para falar directamente coa empresa. Cabe destacar que o seu número de teléfono está sempre visible na cabeceira da web.

En VINCUSYS estamos comprometidos en dar aos nosos clientes o produto que mellor se axuste ás súas necesidades. Por iso, sempre deseñamos páxinas web a medida e tendo moi en conta a identidade visual e o aspecto.

Se te interesa renovar o teu sitio web ou a túa imaxe visual, non dubides en poñerte en contacto con nós e darémosche un presuposto.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles