Os nosos programadores desenvolven aplicacións e páxinas web, apps móbiles, software cliente-servidor ou programas de escritorio que precisan os nosos clientes. Deste modo, proporcionamos solucións que aproveiten ao máximo a túa infraestrutura tecnolóxica e simplificamos moitas das tarefas que realizas no día a día do teu negocio.
Ademais, implantamos solucións de software libre, como Odoo, pensadas para cubrir todas as necesidades da túa empresa. Esquécete de pagar por custosas licenzas de software. Tamén executamos as adaptacións no software que sexan necesarias para a súa implantación e migramos os datos á nova solución.
Realizamos o proceso de desenvolvemento seguindo unha metodoloxía de traballo áxil, adquirida a través de anos de experiencia. Sumado isto á elección da tecnoloxía e linguaxe de programación máis adecuados, conseguimos o resultado solicitado e a usabilidade esperada polos nosos clientes.
Desenvolvemos aplicacións e proxectos propios que nos permiten ofrecer servizos e software único, completando así a gama de produtos ofertados. Tamén ofrecemos solucións baseadas en software como servizo (SaaS) directamente a través de Internet.
Desenvolvemos aplicacións para móbiles e tablets que permiten o acceso en mobilidade aos recursos da túa empresa e ofrecer servizos adicionais aos teus clientes.
Solucións de xestión para empresas. Xestión integral ERP, xestión de clientes CRM ou automatización de Márketing. Desenvolvemento de sistemas completos ou módulos a medida.
Programamos aplicacións na nube empregando diferentes tecnoloxías como a web. O software que precisas accesible dende calquera lugar e dispositivos.
Creamos o teu propio bot de chat para plataformas sociais, que resolva as dúbidas aos teus clientes e usuarios respondendo ás súas preguntas máis habituais.
Programamos calquera tipo de aplicación a medida segundo as túas necesidades. Software para escritorio, móbiles e tablets, aplicacións cliente-servidor…
Desenvolvemos integracións entre diferentes programas ou sistemas. Para que os datos da túa empresa estean sempre sincronizados e teñan coherencia entre aplicacións.